O 10 de maio continúa a Feira do Libro de Santiago de Compostela (no Paseo Central da Alameda), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, con horarios de 11:30 a 14:00 h. e de 17:30 a 21:00 h., cos seguintes actos literarios destacados dentro do seu programa:
– 19:00 h. Manuel López Rodríguez asina Vangarda ule e Desde onde non nace, publicados por Medulia.
– 19:00 h. Suso Bahamonde asina Instrucións para matar un oso, publicado por Belagua.
– 20:00 h. Carlos Méixome asina Catas na memoria, publicado por Laiovento.