Crónica videográfica da homenaxe A Escritora na súa Terra – Letra E 2023, dedicada a Fina Casalderrey (I)

A Homenaxe A Escritora na súa Terra – Letra E, impulsada pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG), chegou este ano á súa XXIX edición, recaendo na figura de Fina Casalderrey, que foi homenaxeada en Pontevedra o 10 de xuño de 2023, nunha actividade que contou co apoio do Concello de Pontevedra, CEDRO e Xunta de Galicia
Esta iniciativa anual conforma xa unha tradición na traxectoria da Asociación, e tense constituído ao longo de máis de dúas décadas como unha celebración na que a terra de acollida da homenaxeada ten unha presenza fundamental. É vontade da AELG honrar escritoras/es procurando o contacto directo coa autora e a súa implicación persoal na xornada de homenaxe.
Unha celebración múltiple e popular en que se vén recoñecendo a entidade literaria de insignes figuras das nosas letras, a través dunha serie de eventos como a entrega do galardón Letra E de escritora (unha peza escultórica), a plantación dunha árbore simbólica e a colocación dun monólito conmemorativo.

Aquí pode verse a crónica videográfica, da que publicamos hoxe os vídeos referentes á descuberta do monólito conmemorativo:

Intervención do Alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores:

Intervención de Cesáreo Sánchez Iglesias, presidente da AELG:

Intervención de Fina Casalderrey:

Descuberta do monólito conmemorativo: