O luns, segunda feira, 23 de febreiro, ás 17:30 horas, coorganizado pola AELG e a Asociación Cultural O Castro, na Imprenta de Juan Compañel (Rúa Real nº 12) e Local do Centro Social A Revolta), terá lugar a colocación da ofrenda floral na imprenta Juan Compañel, a lectura do Manifesto da AELG e de poemas de Rosalía de Castro no local do Centro Social da Revolta. Esta actividade conta co apoio de CEDRO e a Deputación da Coruña.
