Os Paseos literarios son unha iniciativa da AELG que pretende dar a coñecer as cidades e vilas do país da man das nosas escritoras e escritores, que exercen de guías tomando como base obras propias ou alleas vinculadas a eses espazos. Deste xeito, posibilítase que a cidadanía poida gozar persoalmente dos espazos físicos na súa relación coa memoria literaria.
En 2026, no marco dunha actividade apoiada pola Deputación da Coruña, a AELG continúa promovendo a elaboración textual de varios Paseos literarios que se desenvolveron anteriormente na provincia da Coruña, permitindo que todas aquelas persoas que non puideron estar presentes no paseo físico poidan acceder libremente aos traballos realizados polas autoras e autores.
Aquí pode consultarse e descargarse gratuitamente o Roteiro: Música nas palabras. Luísa Villalta, elaborado por María Canosa.