O Obradoiro de poesía visual Os ollos das palabras: Poesía para ver, impartido por Baldo Ramos, cunha clase maxistral de Xosé María Álvarez Cáccamo, é unha iniciativa da Escola de Escritores da AELG, coa colaboración do Pazo da Cultura e o patrocinio e colaboración do Concello de Pontevedra.
“Lemos cos ollos. As palabras sempre conteñen un significado visual, pero tamén poden ser un significante que comunica plasticamente. Acceder á poesía polos ollos. Escribir como o escultor que moldea unha forma ata que significa, ata que atrae a nosa ollada. Cicelar a poesía coas mans. Darlle a forma que nos permita compartir cos demais a súa materialidade, o seu xeito de ser corpo, de ser espazo habitable.”
Partindo dunha reflexión inicial sobre aspectos históricos e estéticos da poesía visual, e dun resumo da experiencia do autor neste ámbito, elaboraranse dous proxectos literarios diferentes:
Un libro de artista ou libro obxecto, confeccionado cos materiais (poéticos e plásticos) que xurdan do obradoiro.
Un libro colectivo, en formato de libro-acordeón, composto polas colaboracións das persoas participantes.”
Calendario e inscrición
– Días: venres 16 e 23 de febreiro; sábado 3, venres 9, venres 16 e xoves 22 de marzo; venres 6 e venres 27 de abril; venres 4, venres 11, venres 18 e venres 25 de maio.
– Horarios: de 18:00 a 20:00 en xoves e venres, e de 11:00 a 13:00 os sábados
– Lugar: Pazo da Cultura (Rúa Alexandre Bóveda), no Seminario 8 – Aula da Escola de Escritoræs da AELG.
– 25 prazas para persoas maiores de 16 anos.
– Inscrición, necesaria e gratuíta, en inscricions@pontevedra.eu, indicando os seguintes datos:
Nome e apelidos
Correo electrónico
Núm. do documento de identidade
Enderezo completo
Data nacemento
Ocupación
– As prazas asignaranse por orde de solicitude.