O venres 1 comeza a III Feira do Libro de Ribadeo (no Parque de San Francisco), organizada polo Concello de Ribadeo, cos seguintes actos literarios destacados para este día:
– 18:00 h. Presentación de Lendo lendas, digo versos e Galicia encantada, con Antonio Reigosa, publicados por Xerais.
– 18:45 h. Conversa con Pedro Feijóo arredor de Morena, perigosa e románica, publicada por Xerais.
– 19:30 h. Faladoiro con Ledicia Costas: Escarlatina, a cociñeira defunta e Esmeraldina, a pequena defunta, publicados por Xerais.
– 19:30 h. Sesión de sinatura de oso, mamá si?, con María Lado.
– 20:00 h. Inauguración da Feira do Libro. Intervencións: Farruco Graña, Concelleiro de Cultura. Pregón inaugural a cargo de Antonio Reigosa.
– 20:30 h. Presentación de Eliseo Pulpeiro. As letras galegas entre dúas ribeiras (Ribadeo e Río da Prata), con Pablo Vivín e Ramón Villares, publicado polo Consello da Cultura Galega.
– 21:15 h. Sempre en Ibiza. Aldaolado.