A Coruña: recital de Lara Dopazo e Manal Al-Sheikh no Ciclo Poetas Di(n)versos

A segunda feira 7 de outubro, ás 20:30 horas, no Auditorio do Centro Ágora (Rúa Ágora, s/n) da Coruña, terá lugar unha nova edición do Ciclo Poetas Di(n)versos, coordinado por Yolanda Castaño e promovido polo Concello da Coruña, cun recital de obra propia nun man a man de Lara Dopazo e a poeta de iraquí Manal Al-Sheikh (as traducións ao galego dos seus poemas son obra de Gonzalo Hermo). Máis información aquí: Folleto Poetas Di(n)versos outubro 2019.