Crónica videográfica da XIII Xornada de Literatura de Tradición Oral. O humor na literatura de tradición oral (II)

A XIII Xornada de Literatura de Tradición Oral. O humor na literatura de tradición oral é unha iniciativa da AELG co apoio da Deputación Provincial de Lugo e a colaboración da Asociación Sócio-Pedagóxica Galega. Tivo lugar o 24 de outubro no Salón de Actos da Deputación de Lugo. Con esta xornada dedicada a ‘O humor na literatura de tradición oral’ preténdese amosar como funciona ese recurso intrínseco, estrutural dentro dos xéneros de literatura tradicional popular, como inflúe na memoria ou como pode axudar a resolver situacións de conflito.

Aquí pode verse a crónica videográfica completa, da que publicamos hoxe estes vídeos:

– Conferencia Humor salgado, por Suso Lista:

– Conferencia A ágora da taberna, por Quico Cadaval:

– Mesa redonda O segredo do humor, con Antonio Reigosa, Suso Lista e Quico Cadaval: