O 24 de setembro terá lugar un Recital poético e musical dedicado a Elisa Lucinda dentro do Festival de arte e cultura brasileira Bonito Pra Chover 2026.
A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) colabora, co apoio de CEDRO, no recital poético-musical en homenaxe á escritora, poeta e actriz Elisa Lucinda, que terá lugar o 24 de setembro de 2026, ás 19:00 horas, na Casa do Taberneiro (Rúa San Pedro, 15), en Santiago de Compostela, con entrada libre até completar capacidade. A apertura de portas será ás 18:30 h.
O programa é o seguinte:
Saúda ás persoas presentes de Jakson Renner Rodrigues Soares e Cesáreo Sánchez Iglesias.
– Recital poético:
Andrea Nunes Brións
Cesáreo Sánchez Iglesias
Daniel Asorey
Elisa Lucinda
Jakson Renner Rodrigues Soares
Luiza Fernandes
– Música ao vivo con:
Leka Denz
Sérgio Tannus
