Desde a Revista Fin de Semana da Televisión de Galicia:
“O novelista Xosé María Lema é coautor con Xosé María Rei Lema dun libro de carácter enciclopédico que recolle a historia da ben coñecida Liga da Costa, un torneo de fútbol modesto que ten máis de cincuenta anos de historia continuada, aínda que as súas orixes se remontan a principios do século XX. Xosé María Lema cóntanos máis detalles.”