Crónica videográfica da homenaxe O Escritor na súa Terra – Letra E 2025, dedicada a Xosé Manuel Beiras (II)

A Homenaxe O Escritor na súa Terra: Xosé Manuel Beiras. Compostela, 2025, impulsada pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG), co apoio do Concello de Santiago de Compostela, Deputación da Coruña, CEDRO e Xunta de Galicia, chegou este ano á súa XXXI edición, recaendo na figura de Xosé Manuel Beiras, de quen se destaca, dentro da súa extensa traxectoria vital, a súa faceta como ensaísta e tradutor, así como a súa xenerosa colaboración coa AELG, sendo parte do Consello Directivo da Asociación entre 1982 e 1986. A homenaxe tivo lugar en Santiago de Compostela o sábado 14 de xuño de 2025.
Esta iniciativa anual conforma xa unha tradición na traxectoria da Asociación, e tense constituído ao longo de máis de dúas décadas como unha celebración na que a terra de acollida do homenaxeado ten unha presenza fundamental. É vontade da AELG honrar escritoras/es procurando o contacto directo co autor e a súa implicación persoal na xornada de homenaxe.
Unha celebración múltiple e popular en que se vén recoñecendo a entidade literaria de insignes figuras das nosas letras, a través dunha serie de eventos como a entrega do galardón Letra E de escritor (unha peza escultórica), a plantación dunha árbore simbólica elixida polo propio autor, un teixo, e a colocación dun monólito conmemorativo.
Esta actividade conta co apoio do Concello de Santiago de Compostela, CEDRO, Deputación da Coruña e Xunta de Galicia.

Aquí pode verse a crónica videográfica, da que publicamos hoxe a segunda parte dos vídeos referentes á descuberta do monólito conmemorativo e a plantación do teixo:

Intervención de Xosé Manuel Beiras:

Plantación da árbore escollida polo autor, un teixo: