Crónica videográfica da homenaxe A Escritora na súa Terra – Letra E 2026, dedicada a Eva Veiga (I)

A Homenaxe O/A Escritor/a na súa Terra, impulsada pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG), chegou á súa XXXII edición, recaendo na figura da poeta Eva Veiga, de quen se destaca, dentro da súa importante traxectoria vital, a súa amplamente recoñecida obra literaria. Foi homenaxeada en Pontedeume o 13 de xuño de 2026.
Esta iniciativa anual conforma xa unha tradición na traxectoria da Asociación, e tense constituído ao longo de máis de dúas décadas como unha celebración na que a terra de acollida do homenaxeado ten unha presenza fundamental. É vontade da AELG honrar escritoras/es procurando o contacto directo coa autora e a súa implicación persoal na xornada de homenaxe.
Unha celebración múltiple e popular en que se vén recoñecendo a entidade literaria de insignes figuras das nosas letras, a través dunha serie de eventos como a entrega do galardón Letra E de escritora (unha peza escultórica), a plantación dunha árbore simbólica elixida pola propia autora, e a colocación dun monólito conmemorativo.
Esta actividade contou co apoio do Concello de Pontedeume, CEDRO, Deputación da Coruña e Xunta de Galicia.

Aquí pode verse a crónica videográfica, da que publicamos hoxe a primeira parte dos vídeos, referentes á descuberta do monólito conmemorativo:

– Intervención do Alcalde de Pontedeume, Bernardo Fernández Piñeiro:

– Intervención de Cesáreo Sánchez Iglesias, presidente da AELG:

– Intervención de Eva Veiga:

– Descuberta do monólito: