Arquivos da etiqueta: Eva Veiga
Presentación de Val tan doce e sombrío, de Francisco X. Fernández Naval, na Coruña
A Escritora na súa Terra: Eva Veiga. Pontedeume
A Homenaxe O/A Escritor/a na súa Terra, impulsada pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG), chega este ano á súa XXXII edición, recaendo na figura da poeta Eva Veiga, de quen se destaca, dentro da súa importante traxectoria vital, a súa amplamente recoñecida obra literaria. Está previsto que sexa homenaxeada en Pontedeume en xuño de 2026.
Esta iniciativa anual conforma xa unha tradición na traxectoria da Asociación, e tense constituído ao longo de máis de dúas décadas como unha celebración na que a terra de acollida do homenaxeado ten unha presenza fundamental. É vontade da AELG honrar escritoras/es procurando o contacto directo coa autora e a súa implicación persoal na xornada de homenaxe.
Unha celebración múltiple e popular en que se vén recoñecendo a entidade literaria de insignes figuras das nosas letras, a través dunha serie de eventos como a entrega do galardón Letra E de escritora (unha peza escultórica), a plantación dunha árbore simbólica elixida pola propia autora, e a colocación dun monólito conmemorativo.
PROGRAMA DE ACTOS
11:30 h. Descubrimento do monólito conmemorativo e plantación da árbore escollida pola autora. No Paseo Fluvial Rosalía de Castro (Pontedeume). Acceso libre para todo o público.
Intervencións de:
– Bernardo Fernández Piñeiro, Alcaldía de Pontedeume.
– Cesáreo Sánchez Iglesias, Presidencia da AELG.
– Eva Veiga.
12:30 h. Acto de entrega da “Letra E”. Casa da Cultura de Pontedeume (Avenida de Raxoi). Acceso libre para todo o público, até completar capacidade do espazo.

– Lectura da concesión da Letra E. Beatriz Maceda Abeleira, Vicepresidencia da AELG.

– Laudatio da autora, por Teresa Seara.
– Entrega da peza escultórica, elaborada por Soledad Penalta.
– Eva Veiga. Intervención da homenaxeada. Resposta á laudatio.
14:30 h. Xantar de confraternidade posterior no Restaurante La Ría (Allón, Pontedeume).
As persoas interesadas en participar do xantar deberán anotarse previamente no correo electrónico oficina@aelg.org, indicando o seu nome, apelidos e número de teléfono, até o 2 de xuño de 2026. O prezo é de 40 euros.
Esta ligazón de Google Maps indica o camiño entre os tres lugares, incluído o restaurante.
A Escritora na súa Terra: Eva Veiga. Pontedeume, 2026

ANTERIORES MERECEDORES/AS DESTE GALARDÓN
I Edición: ANTÓN AVILÉS DE TARAMANCOS
1995 • Boa, Taramancos
II Edición: BERNARDINO GRAÑA
1996 • Cangas do Morrazo
III Edición: MANUEL MARÍA
1997 • Outeiro de Rei
IV Edición: MARÍA XOSÉ QUEIZÁN
1998 • Vigo
V Edición: XOSÉ NEIRA VILAS
1999 • Gres, Vila de Cruces
VI Edición: UXÍO NOVONEYRA (póstumo)
2000 • Parada do Courel
VII Edición: LUZ POZO GARZA
2001 • Ribadeo
VIII Edición: XOSÉ CHAO REGO
2002 • Vilalba
IX Edición: XOSÉ FERNÁNDEZ FERREIRO
2003 • Nogueira de Ramuín
X Edición: SALVADOR GARCÍA-BODAÑO ZUNZUNEGUI
2004 • Teis, Vigo
XI Edición: PURA E DORA VÁZQUEZ
2005 • Ourense
XII Edición: MARÍA DO CARME KRUCKENBERG
2006 • Vigo
XIII Edición: MANUEL LOURENZO
2007 • O Valadouro
XIV Edición: XOSÉ VÁZQUEZ PINTOR
2008 • Melide
XV Edición: AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ
2009 • Vilalba
XVI Edición: MARILAR ALEIXANDRE
2010 • Santiago de Compostela
XVII Edición: PACO MARTÍN
2011 • Lugo
XVIII Edición: XAVIER RODRÍGUEZ BAIXERAS
2012 • Ribadeo
XIX Edición: MARICA CAMPO
2013 • O Incio
XX Edición: XABIER P. DOCAMPO
2014 • Castro Ribeiras de Lea
XXI Edición: XOSÉ MARÍA ÁLVAREZ CÁCCAMO
2015 • Vilaboa
XXII Edición: HELENA VILLAR JANEIRO
2016 • Rianxo
XXIII Edición: MARÍA PILAR GARCÍA NEGRO
2017 • Lugo
XXIV Edición: NACHO TAIBO
2018 • Oleiros
XXV Edición: PILAR PALLARÉS
2019 • A Coruña
XXVI Edición: VÍTOR VAQUEIRO
2020 • Santiago de Compostela
XXVII Edición: CONCHA BLANCO
2021 • Cee
XXVIII Edición: XOSÉ MANUEL MARTÍNEZ OCA
2022 • Pontevedra
XXIX Edición: FINA CASALDERREY
2023 • Pontevedra
XXX Edición: EULOXIO R. RUIBAL
2024 • Santiago de Compostela
XXXI Edición: XOSÉ MANUEL BEIRAS
2025 • Santiago de Compostela
Ferrol: Festival de Poesía Salvaxe 2026
Ferrol: Festival de Poesía Salvaxe 2026
Mugardos: presentación de O que se volve raíz, de Eva Veiga
Brión: recital multidisciplinar De nome Rosalía, con Eva Veiga
Recital multidisciplinar De nome Rosalía, con Eva Veiga, en Brión
Crónica fotográfica do acto central do Día de Rosalía de Castro 2026 en Compostela
Estas son algunhas das fotografías do acto central do Día de Rosalía de Castro 2026 en Compostela, que tivo lugar o 22 de febreiro no Panteón de Galegos Ilustres, en San Domingos de Bonaval, organizado pola AELG, co apoio de CEDRO e a Deputación da Coruña. A crónica fotográfica completa pode verse aquí.