Desde o profundo da voz e co seu canto radical e solidario, Rosalía de Castro mobiliza a nosa conciencia colectiva, galega e universal.
Pode descargar aquí o cartel base do Día de Rosalía de Castro 2016, en formatos pdf e jpg.
A obra de Rosalía, adiantada ao seu tempo, fala tamén para a mocidade do século XXI: adáptase, camaleónica, a todos os soportes e medios de difusión tecnolóxica, en papel ou dixitais.
A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) disponse a conmemorar un ano máis o Día de Rosalía de Castro. O 24 de febreiro, fixado no Calendario do Libro e da Lectura como aniversario do nacemento da autora, esta entidade propón á cidadanía que agasalle un libro en galego e unha flor, alén doutras accións que contaron con grande aceptación e impulso por parte da sociedade, e moi especialmente polo sector educativo, como se pode comprobar no arquivo audiovisual e de imaxes da nosa web.
No Twitter:
No Facebook:
No Instagram:
Actos promovidos pola AELG (actualización diaria)
- Santiago de Compostela | 12.00 | Panteón de Galegos Ilustres, acto central da AELG
Mércores, 24 de febreiro
Lugo | 12.30 | Centro Ocupacional Aspnais (Rampa de Claudio López)
A Coruña | 19.00 | Centro Ágora (Rúa Ágora, s/n)
Vigo | 19.00 | Casa Galega da Cultura (Praza da Princesa)
Ferrol | 19:00 | Galería Sargadelos (Rubalcava, 30-32)
A Rúa de Valdeorras | 18:30 | Praza do Concello
***
Outros actos (actualización diaria -pode comunicarnos o seu acto en oficina@aelg.org):
Luns, 22 de febreiro
Ferrol
19:30 h. Tanto a Semana de Poesía Salvaxe como a Asociación Lendo Poesía, farán unha lectura da obra rosaliana na Biblioteca Central de Ferrol.
Martes, 23 de febreiro
Bos Aires
10:30 h. O Terzo da Fala convida a concorrer ao Xardín dos Poetas do Rosedal de Palermo para render homenaxe a Rosalía de Castro no día do seu aniversario.
Mércores, 24 de febreiro
Ames
O Concello desenvolverá diversas actividades, que se poden consultar aquí.
Cee
Muxía
Ponteareas
O Concello de Ponteareas repartirá material sobre a obra de Rosalía de Castro en locais comerciais para achegar a súa poesía a toda a veciñanza. Os centros de enseñanza recibirán marcapáxinas con poemas de Rosalía de Castro. Máis información, aquí.
Mércores, 24 de febreiro
Ordes
10:30 h. Na aula de formación situada na rúa Xoxardo, a Mancomunidade de Ordes ten prevista unha charla e mesa de traballo na que se afondará na importancia de Rosalía de Castro como promotora da igualdade de dereitos entre homes e mulleres. Falarase do feminismo como unha das temáticas máis importantes de toda a súa bibliografía, e do interese que suscita o seu tratamento na bibliografía dunha autora adiantada ao seu tempo. Para acudir é necesaria unha inscrición previa que se pode realizar tanto nas oficinas da Mancomunidade como telefonicamente a través do Servizo de Normalización Lingüística no 981680002. Ao seu remate farase entrega do premio ao/á gañador/a do concurso Rosalía Verso a Verso.
Cerceda
11:00 h. O Concello, que aprobou a moción para declarar o 24 de febreiro como Día de Rosalía de Castro, organiza en consecuencia un acto de lectura da obra de Rosalía de Castro aberto a toda a veciñanza que se desenvolverá no Salón de Plenos da Casa do Concello. Toda a información, aquí.
Rodeiro
11:15 h. No Auditorio da Casa da Cultura, o Concello organiza un acto de lectura pública en colaboración cos centros de ensino e a cargo de alumnado de Educación Primaria.
Ourense
11:30 g. Na rúa Rosalía de Castro (a carón da pasarela do Miño), o Servizo de Normalización do Concello de Ourense promove unha pintada na propia pasarela coa imaxe de Rosalía e uns versos. Recitado de versos a cargo de alumnado da zona: CEIP A Ponte, CEIP Práticas e CEIP Curros Enríquez. Acompañamento musical coa interpretación da Alborada de Rosalía polo grupo Gomes Mouro-AOFT.
A Coruña
12:00 h. Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña. A Deputación da Coruña organiza unha lectura colectiva pública e participa activamente a través das redes sociais coa etiqueta #mobilizaRosalía
Ourense
18:00 h. O Grupo RosalAuria acordou celebrar o Día de Rosalía. O punto de encontro é o fondo da rúa Rosalía de Castro, xustamente onde comeza a pasarela do Miño pola beira do barrio da Ponte; co obxectivo de retomar a iniciativa de solicitar que a rúa dedicada á nosa escritora teña a súa prolongación na pasarela que une as dúas partes da cidade. Trátase dunha pasarela moi transitada e coñecida pola cidadanía, que non ten nome e que desemboca precisamente na rúa que leva o nome de Rosalía que, pola contra, é case descoñecida en Ourense. O feito de lle poñer o nome á pasarela é tamén simbólico, de aí o lema da celebración deste ano en Ourense, “Rosalía, ponte de futuro”. O acto iniciarase no lugar acordado coa colocación dun cartel co nome da rúa, o recitado de poemas e reparto de poemas de Rosalía entre o público asistente. Desde aí atravesaremos a pasarela e continuaremos o acto coa colocación doutro cartel no outro estremo da pasarela, con novo recitado e reparto. Para finalizar na entrada do centro comercial Ponte Vella. Neste punto é onde hai máis tránsito de persoas e é onde queremos implicar aos máis novos.
Pontevedra
A Estrada
O Rosal
19:30 h. Acto da Concellaría de Cultura na Biblioteca Municipal.
A Rúa de Valdeorras
Ames
A Estrada
20:00 h. MOME (Museo do Moble e da Madeira). O Concello da Estrada celebrará o Día de Rosalía de Castro acompañado por mozas e mozos dos colexios e institutos do concello así como do grupo Cantar a Mares.
Boiro
20:30 h. Na Libraría Nobel (Rúa Poeta Manuel María, 10), a A. C. Barbantia organiza unha lectura pública e presentación do libro Historia do meu corpo en labaradas, de Rosa Enríquez. Coa actuación musical do grupo Barahúnda.
Xoves, 25 de febreiro
Ribadeo
20:30 h. O Concello de Ribadeo organiza un recital poético a cargo de Xavier R. Baixeras na Casa das Letras.
Sábado, 27 de febreiro
Ames
O departamento de Normalización Lingüística de Ames organiza a excursión “Ruta Rosaliana. Visita á Casa Museo de Rosalía de Castro en Padrón”, con motivo da celebración do día do nacemento da escritora.
Ponteareas
18:00 horas, o Concello de Ponteareas renderá unha homenaxe institucional a Rosalía de Castro a través da ofrenda floral que se depositará baixo a placa da rúa que leva o seu nome. Posteriormente, este mesmo día, ás 19:00 horas, o Auditorio Reveriano Soutullo acollerá a actividade “Rosalía Total”, coa participación de grupos infantís e xuvenís cantando a Rosalía con distintos ritmos musicais como rap, entre outos, intervindo os grupos as “Wiki Rosalías” de Gondomar, as Lecras de Dodro e as Cantareiras do Centro Cultural de Chaín.
Ribadeo
20:30 h. No Cine-teatro do Concello de Ribadeo, peza teatral Daquelas que cantan a cargo do grupo de Teatro da A. C. Vagalume e posterior Concerto de Puntada sen fío.
***
Desde cultura.gal tomamos estoutras actividades:
Homenaxe a Rosalía e José Afonso 20 de febreiro, 18:00, Casa Museo Rosalía de Castro – Padrón – A Coruña
A viaxe de Rosalía 21 de febreiro, 18:00, Concello de Fisterra – Fisterra – A Coruña
Airiños aires, Rosalía 22 de febreiro, 20:00, Sala de Exposicións da Deputación de Lugo – Lugo
Rosalía e na tinta a rebeldía 24 de febreiro, 18:30, Biblioteca Pública de Ourense – Ourense
Celebración aniversario do nacemento de Rosalía 24 de febreiro, 18:30, Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal – Santiago de Compostela – A Coruña
Ilustrando a Rosalía 26 de febreiro, 18:00, Biblioteca Pública de Lugo – Lugo
Coñece a Rosalía de Castro 27 de febreiro, 12:00, Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés – A Coruña
Aniversario do nacemento de Rosalía de Castro De 22 de febreiro a 5 de marzo, Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal – Santiago de Compostela – A Coruña
A viaxe de Rosalía 16 de abril, 17:30, Casa da Cultura de Burela – Burela – Lugo
***
O Día de Rosalía nos centros de ensino. Propostas da AELG
Por iso, para expandir o poder da súa palabra entre a xente nova, a AELG convida a celebrar o Día de Rosalía de Castro nos centros de ensino con estas accións colectivas de difusión da súa obra:
Educación Secundaria e Bacharelato
Propoñemos o envío masivo e simultáneo dun verso de Rosalía desde os terminais móbiles do alumnado e do profesorado dos centros, baixo a etiqueta #mobilizarosalía. O verso, do poema IV de Cantares gallegos (parte da estrofa 13) é o seguinte:
Trocando en sonrisas / queixiñas e choros
Que se enviaría través das redes sociais, en calquera das súas múltiples aplicacións e formatos, acompañado dunha imaxe alusiva a Rosalía. Esta acción pode realizarse, con autorización previa da dirección do centro e supervisión das/os docentes, durante un período concreto de clase ou no período de recreo.
Educación Infantil e Primaria
A AELG propón a elaboración e envío dunha postal cun deseño alusivo ao Día de Rosalía, e cun verso ou estrofa que actúe de estímulo creativo para que rapazas e rapaces realicen un debuxo en torno á figura de Rosalía de Castro. Convidamos a que este traballo se realice na semana previa ao 24 de febreiro, para que ese día concreto se proceda desde os centros a un envío das postais aos enderezos das familias do alumnado, como agasallo rosaliano personalizado pola rapazada. Como texto propoñemos a seguinte estrofa de “Alborada”, tamén de Cantares gallegos:
Canta, paxariño alegre,
canta!
Canta porque o millo medre,
canta!
Canta porque a luz te escoite,
canta!
Canta que fuxeu a noite.
Podes descargar aquí un modelo de tarxeta postal deseñado por Pepe Barro.
Desde a AELG, convidamos á comunidade educativa a que se implique de forma activa nesta festa que celebra o nome e a obra da poeta maior de Galicia, chave mestra da nosa literatura e da nosa conciencia como pobo.
Agradecemos que os centros nos comuniquen (oficina@aelg.org) a vosa intención de participar desta iniciativa, para a facer constar na nosa web e colaborarmos así na súa difusión. Tamén, e co mesmo obxectivo, podedes achegarnos noticia doutras actividades que organicedes, así como toda aquela documentación (gráfica, audiovisual…) que derive da realización do Día de Rosalía no voso centro.
Estes son os centros que confirmaron a súa participación:
- CEE Manuel López Navalón, Santiago de Compostela
- CEIP A Carballeira, Lourizán (Pontevedra)
- CEIP A Ponte, Lugo. Blog.
- CEIP A Ponte, Ourense
- CEIP Agro do Muíño, Ortoño (Ames)
- CEIP Albeiros, Lugo
- CEIP Alexandre Bóveda, Chapela (Redondela). Blog.
- CEIP Alfredo Brañas, A Laracha
- CEIP Antonio Pedrosa Latas, Celeiro (Viveiro)
- CEIP Celso Currás, Trabada. Blog.
- CEIP Couceiro Freijomil, Pontedeume
- CEIP Curros Enríquez, Ourense
- CEIP da Ramallosa, Teo
- CEIP de Arzúa
- CEIP de Cespón, Boiro
- CEIP de Figueroa, A Estrada.
- CEIP de Pousada Carcacía, Padrón
- CEIP de Práct. da E.U. de Form. do Profesorado, Ourense
- CEIP de Seixo, Marín
- CEIP de Vilarmide, Muxía
- CEIP de Ardán, Marín. Postais.
- CEIP Eduardo Ávila Bustillo, A Veiga do Bolo
- CEIP Eduardo Pondal, Vigo
- CEIP Emilia Pardo Bazán “Chouzo”, Vigo
- CEIP Espedregada, Raxo (Poio)
- CEIP Joaquín Rodríguez Otero, Buño (Malpica de Bergantiños)
- CEIP Mallón, Nigrán
- CEIP Merelle, Ordes
- CEIP Milladoiro, Malpica de Bergantiños. Blog da Biblioteca.
- CEIP Mosteiro De Caaveiro, A Capela
- CEIP O Cantel, Foz
- CEIP O Salvador, A Pastoriza
- CEIP O Sello, Cabral (Vigo).
- CEIP Os Casais, Maniños (Fene)
- CEIP Outeiro das Penas, Cesantes (Redondela). Blog.
- CEIP Paraixal, Vigo
- CEIP Pedro Caselles Rollán, Xove. Blog da Biblioteca.
- CEIP Plurilingue da Pontenova
- CEIP Plurilingüe Monte dos Postes, Santiago de Compostela
- CEIP Plurilingüe Nº 1, Tui
- CEIP Plurilingüe Rosalía de Castro, Carril (Vilagarcía de Arousa)
- CEIP Plurilingüe Virxe do Carme, Sober. Prezi.
- CEIP Ponte dos Brozos, Arteixo
- CEIP Rabadeira, Oleiros
- CEIP Rogelio García Yáñez, Ramirás
- CEIP Rosalía de Castro, Lugo
- CEIP Salgado Torres (Proxecto Adiante), A Coruña
- CEIP Santa María, As Pontes
- CEIP Sobreira-Valadares, Vigo
- CEIP Víctor López Seoane, Monte Alto (A Coruña)
- CEIP Víctor Sáenz, Mazaricos. Blog.
- CEIP Vistahermosa, Ourense. Modelo de postal
- CEIP Xoán de Requeixo, Chantada
- CEIP Plurilingüe A Fraga, As Pontes
- CEP Carlos Casares, Salvaterra de Miño. Programa de actividades. Modelo de postal
- CEP Pilar Maestú Sierra, A Pobra do Caramiñal
- CEP Seis do Nadal, Vigo. Blog. Postal.
- CEP Xosé María Brea Segade, Taragoña (Rianxo). Blog da biblioteca.
- Colexio Apóstol Santiago (Xesuítas), Vigo
- Colexio Bayón, Ribeira
- Colexio Concepción Arenal, Ourense
- Colexio Fingoi, Lugo
- Colexio La Milagrosa, Ribeira
- Colexio La Purisima, Ourense
- Colexio Plurilingüe María Inmaculada, Silleda
- Colexio San Narciso, Marín
- Colexio Vigo, Rande (Redondela)
- Conservatorio Histórico e CEMU Profesional Contrapunto Histórico, Santiago de Compostela. Cartel.
- CDAN Conservatorio Profesional de Danza, Lugo. Vídeo.
- CPI Alcalde Xosé Pichel, Coristanco
- CPI Cabo da Area, Laxe
- CPI de Pontecesures
- CPI Eusebio Lorenzo Baleirón, Dodro
- CPI O Cruce, Cerceda
- CPI Plurilingüe Tomás de Lemos, Ribadavia
- CPI Virxe da Saleta, Cea
- CPR Cardenal Cisneros, Ourense. Programa de actividades.
- CPR Compañía de María, Santiago de Compostela
- CPR La Merced, Sarria. Semana de Rosalía en Primaria e en Infantil
- CPR Mercantil, Vigo
- CPR Padre Feijoo Zorelle, Ourense. Podcasts.
- CPR Plurilingüe María Auxiliadora-Salesianos, Vigo
- CPR Plurilingüe Nosa Señora do Carmen-Atocha, Betanzos
- CRA A Lagoa, Salvaterra de Miño
- CRA Antia Cal, Peitieiros (Gondomar). Blog da biblioteca.
- CRA de Meis
- EEI de Barrionovo. Traballos aquí, aquí e aquí.
- EEI de Covas, Ames
- EEI Nosa Señora do Carme, Marín
- EOI, Lugo. Biblioteca.
- Escola Rosalía de Castro (escola do Cruceiro), do CRA de Rianxo, Rianxo
- IE Cañada Blanch, Londres
- IES Antón Losada Diéguez, A Estrada. Blog. Cartel.
- IES Cosme López Rodríguez, A Rúa de Valdeorras. Blog da Biblioteca, Facebook do EDL.
- IES de Barro
- IES de Elviña, A Coruña
- IES de Fene. Blog da Biblioteca.
- IES Lamas de Castelo, Carnota.
- IES Laxeiro, Lalín. Blog.
- IES Leiras Pulpeiro, Lugo
- IES María Sarmiento, Viveiro
- IES Miraflores, Oleiros
- IES Nº 1, Carballiño
- IES Otero Pedrayo, Ourense
- IES Pintor Colmeiro, Silleda. Blog.
- IES Ramón Otero Pedrayo, A Coruña
- IES Santa Irene, Vigo
- IES Santiago Basanta Silva, Vilalba. Blog e Facebook da Biblioteca.
- IESP Neira Vilas, Oleiros
Por outra banda, desde 2011 a AELG vén solicitando aos concellos que declaren o 24 de febreiro como Día de Rosalía de Castro, e así o fixeron:
Allariz, Ames, Bueu, Burela, Betanzos, Carballo, Carnota, Cedeira, Cee, A Estrada, Fisterra, Foz, A Guarda, Lalín, Lobeira, Melide, Miño, Muros, Narón, Ourense, Padrón, A Pobra do Brollón, Poio, Ponteareas, Pontedeume, Pontevedra, Porto do Son, Redondela, Rianxo, Ribeira, Riotorto, Rodeiro, Rois, O Rosal, A Rúa de Valdeorras, San Sadurniño, Santiago de Compostela, Teo, Tui, Valdoviño, Vigo, Vilasantar e Xermade.
Sumándose tamén as Deputacións da Coruña e Lugo.
A AELG seguirá a facer chegar aos plenos unha moción neste sentido solicitándolles que recollan esta celebración nas súas programacións culturais.