Pontevedra: Culturgal 2026, actividades do 29 de novembro

Este é o programa do Culturgal 2026. As actividades previstas destacadas para o 29 de novembro son:

11:00 h. Pontevedra poética. Paseo sobre a historia da poesía no concello, creado e guiado por Maos Innovación Social para o Concello de Pontevedra, que ofrece unha visión global sobre a relación entre a Boa Vila e a poesía en lingua galega. Saída das escadas de acceso do Convento de San Francisco.
11:45 h. An Alfaya asina Desenfundo a pistola. Editorial Elvira.
12:00 h. A inocencia dos insectos / Corazón indomable, o grande éxito de Beverly Oliveira. Faladoiro dos autores Fabio Rivas e Josiño Araújo arredor das súas obras con Ana Liste. Cuarto de Inverno.
12:00 h. Luís Davila con O Bichero. Libraría Paz.
12:00 h. Iago Fernández e Damián Gómez asinan NIXX. Retranca.
12:30 h. Francisco Castro asina Memoria RAM: cero. Editorial Elvira.
13:15 h. Josiño Araújo asina Corazón indomable e Fabio Rivas, A inocencia dos insectos. Cuarto de inverno.
13:15 h. Manuel Bragado asina Afouteza celtista. Editorial Elvira.
16:00 h. Contacontos musical con Charo Pita.
16:00 h. Antía Yáñez presenta Bragakadabra (Premio Raíña Lupa de LIX 2025) en conversa con Lois Pérez (Premio Raíña Lupa de LIX 2022), conduce Susana Pedreira. Deputación da Coruña.
17:00 h. Non temos límites. Begoña Caamaño: Obra dispersa. Ana Romaní, María Xesús Nogueira e Beatriz Caamaño co editor, Henrique Alvarellos, sobre a obra de Begoña Caamaño. Alvarellos Editora.
17:00 h. Culturas para un futuro humano. O impacto da IA Xenerativa no sector cultural.
18:00 h. Uxía presenta a segunda edición do libro-cd: Indómitas: Nove ondas a Begoña Caamaño.
18:00 h. Marga Tojo e Diego Ameixeiras dialogan sobre os crimes e como deles pode xurdir a literatura acompañados pola lectura das súas obras de Roberto Leal.
19:00 h. Repaso pola bibliografía de Xosé Neira Vilas a través dos ollos do seu personaxe. Con Cándido Pazó e o Ensemble Liberdade. Xunta de Galicia, Secretaría Xeral da Lingua.