Os socios e socias da AELG xa escolleron os finalistas aos premios á mellor obra publicada no 2014 nas modalidades de ensaio, poesía, narrativa, tradución, teatro, blog literario, literatura infanto-xuvenil e traxectoria xornalística. Nestes dous últimos casos tamén participaron na elección os asociados/as da Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (GÁLIX) e os membros do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia respectivamente.
As obras gañadoras daranse a coñecer na Gala das Letras, que terá lugar o sábado 9 de maio no Círculo de las Artes do Concello de Lugo.
Así pois, da conxunción de votos emitidos na primeira quenda resultaron finalistas:
Blog literario
- Caderno da crítica, de Ramón Nicolás [http://cadernodacritica.blogaliza.org/]
- Criticalia, de Armando Requeixo [http://armandorequeixo.blogaliza.org/]
- Versos e aloumiños, de Antonio García Teijeiro e Antón García Fernández [http://garciateijeiro.blogspot.com.es/]
Ensaio
- Á procura da poesía. Vida e obra de Luz Pozo Garza, de Aurora López e Andrés Pociña (Alvarellos Editora)
- Galiza, um povo sentimental? Género, política e cultura no imaginário nacional galego, de Helena Miguélez-Carballeira (Através Editora)
- Leandro Carré. Un século de cultura e compromiso, de Xosé Manuel Maceira Fernández (Alvarellos Editora)
Literatura Infanto-Xuvenil
- Escarlatina, a cociñeira defunta, de Ledicia Costas (Edicións Xerais de Galicia)
- Penúltimas tendencias, de Carlos Negro (Edicións Xerais de Galicia)
- Tes ata as 10, de Francisco Castro (Editorial Galaxia)
Xornalismo Cultural
Narrativa
- 55, de Xavier Queipo (Edicións Xerais de Galicia)
- A viaxe de Gagarin, de Agustín Fernández Paz (Edicións Xerais de Galicia)
- Dende o conflito, de María Reimóndez (Edicións Xerais de Galicia)
- Máscaras rotas para Sebastian Nell, de Alberto Ramos (Editorial Galaxia)
- Olympia Ring, 1934, de Xabier López López (Editorial Galaxia)
- Zapatillas rotas, de Xabier Quiroga (Edicións Xerais de Galicia)
Poesía
- A distancia do tambor, de Eva Veiga (Espiral Maior)
- As voces da máscara, de Arcadio López-Casanova (Pen Clube de Galicia)
- Celebración, de Gonzalo Hermo (Apiario)
- dun lago escuro, de Marta Dacosta (Edicións Xerais de Galicia)
- Transfusión oceánica, de Xosé Iglesias (A. C. Caldeirón)
Teatro
- Aos Reis Magos non lles gustan os caramelos de menta, de Isabel Freire (Editorial Galaxia)
- Lapsus. A comedia de existir, de Alfonso Pexegueiro (Axóuxere Editora)
- Obras completas. Volume IV, de Roberto Vidal Bolaño (Edicións Positivas)
Tradución
- A Divina Comedia, de Dante Alighieri, en tradución de Darío Xohán Cabana (Edicións da Curuxa)
- Jude o escuro, de Thomas Hardy, en tradución de María Fe González (Editorial Hugin e Munin)
- Tempo de exilio, de Joseba Sarrionandia, en tradución de Isaac Xubín (Faktoría K de Libros)
- Un matrimonio provinciano, da Marquesa Colombi, en tradución de Isabel Soto (Editorial Hugin e Munin)
Na segunda fase, xa en andamento, os asociados e asociadas decidirán as obras gañadoras.
Alén destas categorías, os Premios AELG constan doutros tres galardóns outorgados pola Asemblea de Socios e Socias da AELG:
Premio AELG 2015 “Institucións Culturais”
- Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia.
- Asociación de Medios en Galego
Premio “Mestras-es da Memoria” 2015
A segunda edición do premio Mestres e Mestras da Memoria, que se concede nesta ocasión a Josefa Arias e Emilio do Pando, por toda unha vida de dedicación exemplar á transmisión oral de saberes e valores da nosa cultura popular tradicional
Escritor Galego Universal 2015
O escritor Luiz Ruffato será o Escritor Galego Universal, galardón que o distingue como autor que combina a excelencia literaria co compromiso ético que o converte en referente na defensa da dignidade humana. Con este nomeamento Ruffato súmase á listaxe conformada por Mahmoud Darwish, Pepetela, Nancy Morejón, Elena Poniatowska, Juan Gelman, Antonio Gamoneda, José Luis Sampedro, Lídia Jorge e Bernardo Atxaga.
No transcurso da gala a AELG tamén entregará a distinción “Bos e Xenerosos” ás/aos xornalistas Margarita Ledo Andión, Manuel Lombao, Tareixa Navaza e Xosé María García Palmeiro.