Presentación entre o 1 de outubro e o 30 de novembro. Bases.
Arquivos mensuais: Xullo 2007
Vº Premio de Periodismo Moncho do Pío
Até o 11 de novembro de 2007. Convoca: Bodega Terras Bendaña. Información: 679 267 816.
Iº Premio Periodístico de Acotés
Até o 1 de outubro de 2007. Convoca: Acotés (Santiago de Compostela). Información: 981 580 791.
Presentacións de libros e outros actos n’ “Os venres da memoria” en Cuntis
A asociación O Meigallo e a Comisión pola Memoria Historica Sinhor Afránio (que integra colectivos do norte da provincia de Pontevedra) convocan en Cuntis “Os venres da memória”. Todas as actividades serán ás 21:00 horas na casa da Cultura Roberto Blanco Torres.
O 6 de xullo terá lugar a presentación de dous libros relacionados con Xoán Xesús González: a biografía de Marcos Seixo Galegos Na Historia (Ir Indo) e a edición póstuma da obra de teatro Felisa (XXG). Participará Matías Rodríguez (secretario do “Sinhor Afranio”), Marcos Seixo (autor da biografía e editor da obra de teatro), Bieito Ledo (presidente de edicións Ir Indo) e Carlos Loureiro (en representación de edicións Fervenza).
O día 13 haberá un acto titulado “O dereito a saber e a liberdade de investigar”. Participarán Marcos Seixo, Xosé Luís Santos Cabanas, e o historiador Dionísio Pereira.
O día 20 proxectarase un documental titulado A derradeira lección do mestre, que será presentado e comentado polo seu propio autor Xoán Carlos Garrido.
O día 17 clausuranse as xornadas cunha homenaxe aos represaliados de Cuntis e as súas familias. Intervirá Ana Vieitez, filla do que foi mestre republicano de Magán (Cuntis) Xosé Vieitez de Soto e presidenta de AFAR II REPÚBLICA (Asociación de familiares y amigos de los represaliados de la II República por el Franquismo), con sé en Madrid.
O Día das Letras Galegas será dedicado a Álvarez Blázquez
“O Plenario da Real Academia Galega, reunido onte [29 de xuño] en sesión ordinaria, acordou dedicar o Día das Letras Galegas de 2008 ao egrexio tudense Xosé María Álvarez Blázquez (Tui, 1915 – Vigo, 1985). Así mesmo, nomeouse Académico de Honra da Real Academia Galega a John Rutherford (Saint Albans, Inglaterra, 1941).” (El Correo Gallego)