A Coruña: O teatro é Manuel Lourenzo

Desde a A. C. Alexandre Bóveda:
“O 7 de xullo, ás 20:00 h., no Circo de Artesáns (Rúa Santo André, 36, baixo), na Coruña, presentamos o acto O teatro é Manuel Lourenzo, unha homenaxe moi especial coa que a Agrupación Cultural Alexandre Bóveda quere recoñecer o legado desta figura imprescindible da nosa escena.
Ao longo de toda unha vida dedicada ao teatro, Manuel Lourenzo non só nos deixou unha obra inmensa, senón tamén unha maneira de entender a creación, a lingua e o compromiso coa cultura galega. Dramaturgo, actor, director, mestre e referente para varias xeracións de xente de teatro, a súa pegada está presente en moitos dos camiños que hoxe seguimos a percorrer.
A homenaxe correrá a cargo do noso grupo, Alexandre Bóveda Teatro, dirixido por Manuela Varela, que representará seis pezas breves da súa autoría, acompañadas doutros textos significativos. Con este espectáculo queremos achegarnos ao seu universo teatral e, sobre todo, darlle as grazas por escribir, por crear, por ensinar e por dedicar a súa vida a facer medrar o teatro galego.
Esta homenaxe nace da admiración, pero tamén do máis profundo afecto. Porque celebrar a Manuel Lourenzo é celebrar unha parte fundamental da nosa historia teatral e cultural.
Será no espazo do Circo de Artesáns, na planta baixa. A entrada é libre ata completar a capacidade do local.”

Vigo: actividades do 5 de xullo da Feira do Libro 2026

Vigo: actividades do 3 de xullo da Feira do Libro 2026

A Coruña: V Festa Amergin

A Coruña: Teatro Casahamlet presenta Pode sorrir e ser un bellaco

Polavila Xabier P. DoCampo na memoria 2026

Compostela: representación do Auto dos simulados da Caravilla, de Manuel María, do grupo de teatro da A. C. Medulio

Retirada das entradas na Zona C (Praza de Cervantes). Dúas por persoa.
Horario: a partir do 4 de marzo, de 11 a 14h. e de 16 a 19h.

Crónica fotográfica do acto do Día de Rosalía de Castro 2026 na Coruña

Estas son algunhas das fotografías do acto na Coruña do Día de Rosalía de Castro 2026, que tivo lugar o 23 de febreiro, ás 17:00 horas, diante do Teatro Rosalía de Castro. O acto contou tamén con música do grupo de Cantos de Taberna da A. C. Alexandre Bóveda e coa actuación de Noite Bohemia. A crónica fotográfica completa pode verse aquí.