(Galiciae)
Arquivos mensuais: Novembro 2008
Buenos Aires: presentación de dous libros de Suárez Picallo
Tui albergará en decembro un congreso sobre Xosé María Álvarez Blázquez
(Vieiros)
A Coruña: presentación do poemario Da carraxe e da paixón, Xosé Manuel Cairo Antelo
O 19 de novembro ás 20:00 na Galería Sargadelos da Coruña (Rúa Real, 56) terá lugar a presentación do poemario Da carraxe e da paixón, Xosé Manuel Cairo Antelo. Intervirán Xulio Valcárcel, Fidel Vidal, Miguel Anxo Fernán Vello e o autor.
Quinta quenda de obradoiros de literatura
A Asociación de Escritores en Lingua Galega, en colaboración co Servizo Galego de Igualdade da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar, comezou o 30 de outubro unha nova quenda de 2 obradoiros de creación literaria.
O primeiro foi impartido na Biblioteca Municipal de Lourenzá por Mª Xosé Lamas. O segundo, con resonsabilidade de Antía Otero, terá lugar na Casa da Cultura de Sada o 14 de novembro ás 19:00.
O obxectivo xeral é o de contribuír á dignificación da identidade feminina a través da literatura, colaborando na visibilización da obra das nosas escritoras, reflexionando e demostrando a existencia dunha escrita feminina.
III Premio de relatos “Mulleres progresistas”
Até o 31 de decembro de 2008. Bases.
Premios Investigación 2008
Até o 15 de novembro de 2008. Convoca: Deputación de Pontevedra. Bases.
XIII Premio Vicente Risco de Ciencias Sociais
Até o 28 de decembro de 2008. Convocan: Concello de Allariz, Castro Caldelas e Fundación Vicente Risco. Información na web da Fundación Vicente Risco.
Concurso de Relato curto Concello de Quiroga
Até o 28 de novembro de 2008. Convoca: Concello de Quiroga (Lugo). Información: 982 428 001.
XXVII Premio de Novela Longa Blanco Amor
Até o 30 de decembro de 2008. Convoca: Concello de Burela. Información: 982 586 000.