Doce escritores e escritoras falarán ao vivo hoxe xoves desde o Culturgal por internet

Os autores de hoxe, que falarán a través da páxina da AELG (entrar por Aula de escritores), son:

Xoán Abeleira Álvarez
Xulio Xabier López Valcárcel
Manuel Lourenzo Pérez
Xosé Luís Martínez Pereiro
Miguel Anxo Mato Fondo
Camilo Franco Iglesias
Emma Couceiro López (excúsase porque non pode acudir)
Henrique Manuel Rabuñal Corgo
Lino Braxe Mandiá
Xosé Manuel Martínez Oca
Rafael Lema Mouzo
Francisco Xosé Fernández Naval

Cambre: Francisco X. Frenández Naval imparte un obradoiro de creación literaria

Organizado pola Asociación de Escritores en Lingua Galega, o escritor Francisco X. Fernandez Naval ven impartindo un obradoiro de creación literaria no IES “David Buján” de Cambre.
A primeira xornada celebrouse o pasado día 1, e a segunda será mañá día 4, para pechar o obradoiro nas xornadas correspondentes aos días 11 e 15 do mes que nadamos.
Tocante aos obradoiros de creación literaria, considera a AELG que o contacto persoal cos escritores e coas escritoras, o uso da biblioteca e as diversas actividades de animación á lectura, deben servir para crear hábitos lectores, eliminar prexuízos contra os libros e melorarr a competencia lectora da nosa mocidade.
Asemade, estima a asociación dos escritores galegos que un novo enfoque na educación debe poñer o acento na adquisición de hábitos lectores, no goce do texto durante a infancia e a adolescencia, como antesala dun achegamento máis complexo e reflexivo que dea entrada no inicio á creación literaria.