Certame de microrrelatos eróticos ‘Ferve a Rede’

Vieiros convoca, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, un concurso online de textos de temática erótica, en galego e cunha extensión máxima de 550 caracteres. Os relatos poderán enviarse dende o 11 de febreiro e até o 10 de marzo, e o gañador será decidido e
anunciado o 17 de marzo por un xurado escollido polo xornal. Os textos poden enviarse dende a propia páxina do concurso e cada autor pode presentar un máximo de tres orixinais. (Vieiros)

Riveiro Coello finalista do Premio de Narrativa Europea Casino de Santiago

Os ollos de K, de Antón Riveiro Coello, «compite con outros catro títulos, entre eles o premio Alfaguara Mira se eu che quererei, de Luís Leante, que se ambienta no Sáhara e mais en Barcelona. Os outros tres títulos son a Rolda nocturna, da inglesa Sarah Waters, cunha orixinal estrutura cronolóxica invertida, situada no Londres dos bombardeos nazis e narrada a través das voces de catro personaxes; O regreso, do alemán Bernhard Schlink, e A elegancia do ourizo, da francesa Muriel Barbery, unha historia de rancor social.» (A Nosa Terra)