As obras deben enviarse antes do próximo 1 de xuño e rexirse polas bases publicadas pola Asociación Caldeirón e o Concello de Malpica de Bergantiños.
Arquivo da categoría: Premios poesía: convocatorias
GZ CREA 2007: Certame galego de creadores novos
A Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar, a través da Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade organiza neste certame galego de creadores novos, que inclúe as especialidades de relato, poesía, artes plásticas, moda, música, audiovisual, banda deseñada, grafitti, cartaces, artes do movemento e composición para banda de música. Idades: entre 16 e 30 anos. Prazo envío de solicitudes: ata o 13 de xullo.
A AELG é membro asesor deste premio. Máis información aquí.
Vº Certame de poesía “Aurelio Aguirre”
VIº Premio de Poesía Caixanova
Para este premio é preciso enviar 600 versos antes do 31 de outubro de 2007. Poden consultarse as bases na páxina web de Caixanova.
VIIIº Premio de poesía Díaz Jácome
IVº Premio de poesía “Fermín Bouza Brey”: até o día 30
O 30 de marzo remata o prazo para concursar no IVº Premio de poesía “Fermín Bouza Brey”. De carácter bianual e organizado polo Concello de Vilagarcía de Arousa, non era convocado desde o 2003.
VIIº Premio de poesía “Antonio Prados Ledesma”
Bases VIIº PREMIO DE POESÍA “ANTONIO PRADOS LEDESMA” do Concello de Viveiro:
1)Poderán participar todas as persoas que o desexen, calquera que sexa a súa nacionalidade, que presenten os orixinais escritos en língua galega.
2) Os traballos terán que ser orixinais e inéditos, cun mínimo de 150 versos, mecanografados a dobre espazo en A4, escritos por unha soa cara, debidamente grampados, cosidos ou encadernados.
3) Outorgarase un único premio dotado de 1500 € e poderá ser declarado deserto.
4) As obras deberanse presentar baixo un lema, nun sobre pechado, o nome e apelidos, enderezo e teléfono do autor.
5) Os autores participantes deberán enviar cinco exemplares das obras, a seguinte dirección: CONCELLO DE VIVEIRO – VIIº PREMIO DE POESÍA “ANTONIO PRADOS LEDESMA”, Praza Maior nº 1, 27850 VIVEIRO (Lugo), antes do 25 de ABRIL de 2007.
6) O xurado será designado polo Concello de Viveiro, entre personalidades da cultura. A decisión será inapelable.
7) A participación nesta convocatoria requirirá aceptación das normas contidas nas presentes bases, así como as decisións do Xurado designado, que serán inapelables.
8) As obras poderán ser retiradas, por escrito, dentro de tres meses
posteriores á decisión do Xurado.