Vocabulario Ortográfico de Lingua Portuguesa de balde na Internet

O Vocabulário Ortográfico da Língua Portuguesa (VOLP), publicado en outubro de 2009 pola Porto Editora, está disponíbel gratuitamente na Internet desde o pasado venres neste enderezo. Segundo informa o xornal Público, o VOLP “teve orientação científica do linguista João Malaca Casteleiro e permite pesquisar mais de 180 mil vocábulos representativos do património lexical da língua portuguesa. Disponibiliza ainda informações sobre classificação gramatical, indicação de pronúncia, formas irregulares no feminino, plurais de compostos, estrangeirismos, abreviaturas e símbolos mais usados na língua portuguesa”.

Presentouse DIGATIC, un dicionario online galego sobre as “TIC”

Segundo explican na páxina do proxecto, “DIGATIC é un proxecto desenvolvido dende a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicacións de Galicia (AETG), financiado pola Consellaría de Innovación e Industria da Xunta de Galicia, que pretende pór a disposición da comunidade tecnolóxica un amplo léxico técnico en galego que facilite a utilización e a propagación da nosa lingua dentro deste ámbito”. O dicionario pode consultarse neste enderezo.