O xoves 26 de xullo, ás 20:0 horas no Club Internacional de Prensa (Avda. da Coruña, 6-Baixo, Santiago de Compostela), terá lugar a presentación do libro Xallas. Teoría da existencia, de Lois Oreiro. No acto intervirán Manuel González González (secretario da Real Academia Galega), X. Amancio Liñares Giraut (director editorial de 3C3) e o propio autor.
Arquivo da categoría: Edición
Vázquez-Figueroa publica o seu último libro na rede
“A partir de agora as miñas novelas editaranse simultaneamente en edición “cara”, das chamadas “de capa dura”, en edición de bolso a metade de prezo, poderán descargarse gratuitamente en “Internet” e todos os xornais ou revistas que o desexen están autorizados a publicalas ao estilo das antigas novelas por entregas coa diferenza que neste caso no terán obrigación de pagarme nada en concepto de dereitos de autor.” (Blogue de Alberto Vázquez-Figueroa)
Os fondos do centro Ramón Piñeiro poderán consultarse nunha biblioteca virtual
“A obra narrativa en galego de Manuel Lugrís Freire e a edición en facsímile de A gaita gallega son as primeiras obras que van formar parte desta iniciativa.” (Xornal.com)
Preséntase en Ferrol “A lingua galega na cidade do século XX”, de Gabriel Rei Doval
Na Galería Sargadelos de Ferrol terá lugar a presentación do libro A lingua galega na cidade do século XX (Xerais), de Gabriel Rei Doval. No acto intervirá, ademais do autor, Fernando Ramallo, da Universidade de Vigo. Será o venres 20 ás 20:00 horas.
Comezaron en Ribadeo as xornadas sobre patrimonio literario
Tres rapazas de Lugo, A Coruña e Santiago, finalistas do IIIº Premio Biblos-Pazos de Galicia
“O IIIº Premio Biblos-Pazos de Galicia decidirase o vindeiro venres 20 de xullo entre as escritoras mozas Cristina Ferreiro Real, de Lugo; Patricia Casas Vázquez, da Coruña, e Raquel Campos Pico, de Santiago pero que reside en Madrid. As tres foron declaradas finalistas por un xurado integrado pola que será este ano a titora da gañadora, a escritora Helena Villar Janeiro, o xornalista e tamén escritor Camilo Franco, o gañador da anterior edición, Alberto Ramos, e o director literario de Biblos, Tucho Calvo.” (Biblos-Clube de lectores)
Gres celebra o 50º aniversario da libraría Follas Novas
Alberte Momán ofrece na rede “O alento da musa”
A obra narrativa O alento da musa (Difusora de Letras, Artes e Ideas), de Alberte Momán, é ofrecida na rede xunto co caderno de poesía Déixanse levar. (O alento da musa)
María Lado divulga na rede o seu poemario “Berlín”
Pode baixarse o poemario Berlín de María Lado recitado pola propia autora e musicado por Fanny+Alexander en mp3 (26 MB) ou en formato PDF premendo aqui. (A regueifa plataforma)