«Portugal foi sempre para a Galiza e para o galeguismo unha especie de ferida aberta, de Galiza do sul que medra, sae ao mar e nos deita no espello dos séculos a imaxe do que puidemos ser nas reviravoltas da historia.
Mais hoxe as cousas comezan a mudar. No galeguismo político e cultural avanza o pragmatismo e a ollada cultural mantense pero tamén dá paso a novas realidades: o espazo da euro-rexión que conformamos co norte de Portugal, as posibilidades económicas que abre para as empresas de ambas as beiras do Miño ou o achegamento real que supuxeron as novas insfraestruturas viarias son realidades ben máis actuais e interesantes do que os debates repetidos que rematan sempre en vía morta.
Mar por Medio quere ser, nese sentido, unha ferramenta útil na análise de en que medida o achegamento entre os nosos dous países é realmente posíbel no campo das industrias da cultura e da comunicación. Debatámolo, falémolo, marquemos prioridades… e despois, pasemos das palabras aos feitos. […]» (Mar por Medio)
Coa lexenda “Galiza nom se vende”, desde 4 de setembro Salvaterra acollerá unha nova edición do «Festival da Poesia no Condado». Ofrecerá, como acostuma, un amplo programa que inclúe pintura, fotografía, poesía visual, música e poesía. Entre os poetas do programa figuran Marica Campo, O Leo, Kiko Neves, Carlos Figueiras, Valentina Carro, María Lado, Xiana Arias, Pedro Casteleiro, Paco Souto, Concha Rousia, Cruz Martínez, Alberto Lema, Igor Lugrís, Lino Braxe, Chus Pato, Pilar Beiro, Núria Martínez Vernís (Països Cataláns), Limam Boicha (Saara) e Isaque Ferreira (Portugal). Vexa o programa na páxina da 
Este venres (sexta-feira) as 20.00 no Museo do Mar de Vigo, inagúrase a exposición “Onde o Mundo se chama Terranova”. O núcleo desta exposición son as lembranzas, fotos, obxectos e experiencias vitais recollidas por cinco biólogos galegos (Anxo Fdez-Arroyo, Euloxio Vázquez, Lorenzo Suárez, Enrique álvarez Escudero e