(Vieiros)
Arquivo da categoría: Premios narrativa: ditames
Francisco Rozados gaña o X Certame de narración curta Ánxel Fole
«Do relato gañador, O vestiario máxico do abade, do pontevedrés Francisco Rozados, destacaron “o discurso Cunqueirano, a súa riqueza de vocabulario e a súa calidade literaria”. Do segundo clasificado, As sete tristes notas do meu vals, da ceense Rocío Leira, destacaron o feito de que como un relato tan breve poida enganchar ao lector pola súa poesía, a súa lírica e a súa densidade. O premio Ánxel Fole, que organiza a Concellería de Cultura e Turismo do Concello de Lugo, contou este ano con 38 candidatos na categoría de galego.» (Vieiros)
Inma López Silva gaña o “Blanco Amor” 2008
Chelo Suárez Muíños gaña o Premio Erotismo Narrativas Quentes
A coruñesa Chelo Suárez gañou o certame coa súa novela Os Milagres de Cristamar, unha historia “irreverente”, cunha linguaxe elaborada e trasfondo lírico.
Rubén Ceide Martínez gaña o XXXIII Premio nacional de narracións curtas Modesto R. Figueiredo
Ditame do XXXIII Premio nacional de narracións curtas Modesto R. Figueiredo, da Fundación do Pedrón de Ouro (en colaboración coa Concellería de Cultura do Concello de Ourense):
Primeiro premio:
A caixa da costureira, de Rubén Ceide Martínez, de Lugo.
Segundos premios para:
Esperado regreso, de Alberto E. Aneiros, de Compostela.
Desartellados, de Manuel Quintáns López, de Compostela.
O xurado recomendou a publicación de:
Breve historia do pensamento contaxioso, de Xosé Luís Martínez Pereiro.
O ascensor, de Chelo Suárez Muíños.
Bonaval, de Adolfo Caamaño Vázquez.
O Acto de entrega será o 29 de decembro no Concello de Ourense.
Cea “García Barros”
«Con posterioridade á entrega do Premio García Barros a Francisco Castro, o Concello da Estrada e Editorial Galaxia organizaron este ano, por primeira vez, unha Cea Literaria na que escritores, críticos e editores reflexionaron ao redor dun tema central relacionado coa obra premiada.
Os novelistas Xerardo AgraFoxo, Alfonso Álvarez Cáccamo, Francisco Castro, Manuel Darriba, Jaureguizar, Xosé Monteagudo, Antón Riveiro Coello, Séchu Sende e Anxos Sumai, na compaña do crítico literario Xosé Manuel Eyré e mais dos editores Víctor F. Freixanes e Carlos Lema, que se encargou de conducir o debate, mantiveron un coloquio sobre “Ficción e verosemellanza: da imitación da realidade á novela histórica”. […]» (Editorial Galaxia)
Xosé Manuel Pacho Blanco gaña o XIX Premio Torrente Ballester
«A obra A choiva do mundo do avogado e profesor de Dereito Xosé Manuel Pacho Blanco, obtivo o XIX Premio de Narrativa Torrente Ballester, convocado pola Deputación da Coruña. O galardón está dotado con 25.000 euros e a publicación da obra premiada.» (Xeración Web)
Entrega do II Premio de narrativa breve REPSOL YPF a Anxos Sumai
Ramón Caride gaña o Premio Lueiro Rey
«O título marca o regreso do autor á literatura de adultos, logo de dedicar ao público máis xuvenil os seus últimos traballos. Trátase dunha novela histórica ambientada no século XVI que percorre diversos espazos da xeografía española.» (La Voz de Galicia)
Anxos Sumai gaña o II Premio narrativa breve Repsol IPF
«Documentalista, tradutora e colaboradora en diversos medios de comunicación, Sumai opina que o momento de confusión arredor da Literatura galega se debe, en grande parte, á rapidez con que a sociedade de consumo galdufra os produtos culturais, non só no panorama editorial senón tamén na televisión ou na plástica. “Vivimos como se o publicado hai dous anos non existise, como se estivese nacendo -en palabras de Borrazás- un Ulises cada ano. Publícase moito e iso é bo para os lectores, porque temos máis onde escoller, pero a oferta é imposible de apreixar. Non hai ningún asesoramento fiable para movernos nesa xungla. Os críticos veñen dicir que todas as obras son estupendas, as editoriais non esixen niveis de calidade e aos autores fáltanos autocrítica”.» (Galicia-Hoxe.com)

