A Semana das Letras da Galería Sargadelos de Ferrol

O luns 7 de maio, de 12:00 a 13:30 horas, terá lugar a presentación do libro de Fina Casalderrey A lagoa das nenas mudas, editado por Xerais. No acto, enmarcado dentro da Campaña Educar para ler, intervirán a autora e Manuel Bragado, director de Edicións Xerais.
O mesmo luns 7 de maio, ás 20:00 horas, terá lugar a presentación do libro Textos filosóficos-políticos de Ramón Vilar Ponte, editado polo Servizo de Publicacións da Deputación de Lugo. O acto, en colaboración coa Asociación Cultural Medulio, será presentado por Elia Rico e Pilar García Negro, autora da introducción do libro.
O martes 8 de maio, ás 20:00 horas, o Grupo Gadisa celebrará o Día das Letras Galegas presentando o libro de José Díaz Dopico A noite de Reis, editado por Gadisa. O libro será presentado por Perille, Xosé María Dobarro, Antonio Cortés e Ana Lago, e contaremos coa presenza ademais do
autor e do artista Xosé María González Collado, ilustrador da obra.
O xoves 10 de maio, ás 20:00 horas, terá lugar unha mesa redonda sobre o uso do galego na ESO. No acto intervirán Eduardo Fra Molinero e Bernardo Máiz, profesores do IES Concepción Arenal e Anxos García Fonte, profesora do IES de Mugardos.
O venres 11 de maio, de 16:00 a 21:30 horas, terá lugar unha gravación en vídeo e unha sesión fotográfica da lectura de poemas clásicos e propios dos socios da Asociación de Escritores en Lingua Galega de Ferrolterra: Tucho Calvo, Francisco Pillado, Antón Cortizas, Rosa Méndez, Antonio Yáñez, Arturo Casas, Carmen Sotelo, Medos Romero, Xosé Leira, Ramón Loureiro, Alexandre Ripoll Anta, Xavier López, María Xosé Lamas…

XXIVª Semana Galega de Filosofía comeza hoxe en Pontevedra

«”Filosofía e diferenzas” é o tema proposto para a nova edición da Semana Galega de Filosofía que comenza hoxe en Pontevedra. Trátase dunha reflexión sobre o concepto do distinto, do diverso, do que é doutra maneira, do diferente.» Entre outras cuestións, «a nosa identidade como realidade diferenciada doutras realidades será valorada por xestores de urbanismo (Xosé M. Tato, Juan L. Dalda) e escritores (Darío Xoán Cabana, Anxo Angueira).» (Xornal.com)