<a href="http://www.galicia-hoxe.com/index_2.php?idMenu=80&idNoticia=184950" title="Issac D
Arquivo da categoría: Historia
Gres celebra o 50º aniversario da libraría Follas Novas
A Nosa Terra celebra o seu primeiro centenario
“Tres exposicións e a edición dun libro conmemoran o primeiro centenario do nacemento da publicación A Nosa Terra. O delegado de edición, Xosé Fernández Puga, e o vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, asinaron esta mañá un convenio de colaboración co que pretenden facer un percorrido polos cen anos desta cabeceira.” (Xeración Web)
Presentacións de libros e outros actos n’ “Os venres da memoria” en Cuntis
A asociación O Meigallo e a Comisión pola Memoria Historica Sinhor Afránio (que integra colectivos do norte da provincia de Pontevedra) convocan en Cuntis “Os venres da memória”. Todas as actividades serán ás 21:00 horas na casa da Cultura Roberto Blanco Torres.
O 6 de xullo terá lugar a presentación de dous libros relacionados con Xoán Xesús González: a biografía de Marcos Seixo Galegos Na Historia (Ir Indo) e a edición póstuma da obra de teatro Felisa (XXG). Participará Matías Rodríguez (secretario do “Sinhor Afranio”), Marcos Seixo (autor da biografía e editor da obra de teatro), Bieito Ledo (presidente de edicións Ir Indo) e Carlos Loureiro (en representación de edicións Fervenza).
O día 13 haberá un acto titulado “O dereito a saber e a liberdade de investigar”. Participarán Marcos Seixo, Xosé Luís Santos Cabanas, e o historiador Dionísio Pereira.
O día 20 proxectarase un documental titulado A derradeira lección do mestre, que será presentado e comentado polo seu propio autor Xoán Carlos Garrido.
O día 17 clausuranse as xornadas cunha homenaxe aos represaliados de Cuntis e as súas familias. Intervirá Ana Vieitez, filla do que foi mestre republicano de Magán (Cuntis) Xosé Vieitez de Soto e presidenta de AFAR II REPÚBLICA (Asociación de familiares y amigos de los represaliados de la II República por el Franquismo), con sé en Madrid.
Escritores de todo o Estado apoian unha nova ruta do Camiño de Santiago desde Valencia
“Narradores como Martín Garzo ou Ramón Pernas viaxarán no veleiro «Mir» ata Vilagarcía. A Xunta quere que o traxecto, que se cubrirá en agosto, se sume aos sete camiños existentes.” (La Voz de Galicia)
Presentación en Ourense d’ “Os escritores galegos ante a guerra civil española”, de Xesús Alonso Montero
O xoves día 28 de xuño, ás 20:15 horas no Salón Nobre do Liceo de Ourense, terá lugar o acto de presentación do libro Os escritores galegos ante a guerra civil española, de Xesús Alonso Montero. Intervirán no acto Marcos Valcárcel e o autor. (Liceo de Ourense)
Nº 10 d’ “O pazo das musas”
O xoves 28 de xuño presentarase o número 10 d’ O pazo das musas, revista oral de periodicidade trimestral editada polo Museo Provincial de Lugo. Será ás 20:00 horas no Refectorio do Museo Provincial de Lugo.
Conferencias de Ignacio Ramonet e Ramón Chao en Redondela e Lugo
O xoves 21 e venres 22 de xuño o director de Le Monde Diplomatique Ignacio Ramonet e o xornalista e escritor Ramón Chao conferenciarán en Redondela e Lugo.
Conferencias de Ignacio Ramonet e Ramón Chao en Redondela e Lugo
Redondela (no Multiusos da Xunqueira) o xoves 21 e Lugo (no Centro Sociocultural da Fundación Caixa Galicia, Pza. de Santa María) o venres 22, serán os escenarios nos que Ignacio Ramonet e Ramón Chao falen sobre “A guerra e a paz hoxe. Xeopolítica dos conflictos contemporáneos” e máis sobre “A guerra contra os pobres”, en conferencia conxunta. Será dentro do ciclo “Os latexos do mundo”, levado a cabo neste primeiro semestre do ano polo Club Internacional de Prensa coa colaboración de Le Monde Diplomatique.
Presentación en Compostela de “Gravados rupestres nos montes de Carnota”, de José Cernadas Sande
O venres 15 de xuño, ás 20:00 horas na libraría Follas Novas (Santiago), presentarase o libro Gravados rupestres nos montes de Carnota, de José Cernadas Sande. No acto intervirán José Manuel Vázquez Varela (catedrático de Prehistoria na Universidade de Santiago), X. Amancio Liñares Giraut (director editorial de 3C3) e o propio autor.
.