O actor, humorista e escritor Carlos G. Meixide, autor do libro O home inédito, ofrécese para a conversa no Café Colón de Carballo, dentro do proxecto Literactúa, de difusión do libro e da lectura en galego. Será o martes 30 de outubro ás 21:00 horas (atención: novos día e hora).
Arquivo da categoría: Narrativa
Presentación de L’Affiche rouge, de Mario Regueira
A presentación do libro L’affiche rouge, de Mario Regueira, terá lugar na Galería Sargadelos de Ferrol (Rubalcava, 30-32) o 26 de outubro ás 20:00 horas. O acto contará coa participación de Roi Vidal, Fran Alonso e Mario Regueira.
Presentación en Ferrol d’ As vellas inquedanzas do vello Colás, de Xosé Díaz Dopico
O libro de Xosé Díaz Dopico As inquedanzas do vello Colás, editado polo Grupo Gadisa, será presentado o xoves 25 de outubro ás 20:00 horas na Galería Sargadelos de Ferrol. No acto interveñen, ademáis do autor, Antonio Cortés (Director de Márketing e Publicidade de Gadisa) e Verónica Martínez Delgado (Xerente da Galería Sargadelos de Ferrol).
“Alén do Irimia: Un río de contos”, proxecto de animación lectora da ASPG
«Do 4 ao 9 de novembro. No pedregal de Irimia, no nacemento do Río Miño, en Meira, (Lugo) a AS-PG pon a andar un proxecto comarcal de animación lectora que abranguerá non só Meira, senón Concellos veciños como A Pastoriza, Castro de Rei, Pol, Ribeira de Piquín e Riotorto.» (ASPG)
Ramón Loureiro na Galería Sargadelos de Lugo
O día 17 deste mes, ás 20:00 horas na Galeria Sargadelos de Lugo, impartirá unha conferencia titulada “As letras de Bretaña” o escritor Ramón Loureiro. O autor asinará os seus libros a quen o desexe. (Ao carón da lareira)
Presentación d’ A lenda do pirata en Ferrol
O 11 de outubro, ás 12:00 horas na Galería Sargadelos de Ferrol, celebrarase a presentación do libro A lenda do pirata,do Colectivo A Garola. Contará cunha dramatización a cargo da compañía Talía Teatro.
Preséntase n’ A Coruña O señor Lugrís e a negra sombra, de Luís Rei
Luís Rei presentará o 27 de setembro ás 20:30 horas na librería Arenas d’ A Coruña (Cantón pequeno, 25) a súa novela O señor Lugrís e a negra sombra, na súa versión en galego e castelán, editada por Xerais e Ediciones del Viento, respectivamente. O acto contará coa participación de Manuel Alvarez Torneiro, Eduardo Riestra e Manuel Bragado. A novela trata sobre o pintor Urbano Lugrís.
Séchu Sende estará no Literactúa de Carballo
O Concello de Carballo e a Taberna-Café O’ Patacón convidan á conversa con Séchu Sende, autor do libro de relatos sociolingüísticos Made in Galiza, dentro do proxecto Literactúa, de difusión do libro e da lectura en galego. Será o día 26 de setembro de 2007, ás 20:30 horas, na Taberna-Café O’ Patacón de Carballo. (Concello de Carballo)
“U-49”, nova novela xuvenil de Rafael Lema
A editorial Tambre-Edelvives publicará a novela xuvenil U-49, nova obra de Rafael Lema. Trátase dunha historia de aventuras sobre un submarino alemán histórico, o U-49, que na I Guerra Mundial mantivo unha intensa actividade bélica nas augas da Costa da Morte, causando o afundimento de mercantes aliados, sobre todo no ano 1917.
Presentación en Barcelona de “L’ affiche rouge”, de Mario Regueira
O sábado 15 de setembro, ás 18:00 na Galería Sargadelos de Barcelona (R/ Provença, 276), terá lugar a presentación da novela L’affiche rouge, de Mario Regueira, publicada en Edicións Xerais. Contará coa presenza do autor.