«Outórgase o Pedrón de Honra 2008 ao escritor Xosé Lois García polo seu labor como “divulgador da cultura galega e portuguesa en Cataluña” a través das colaboración xornalísticas e outras iniciativas como a creación dos Parques Rosalía e Castelao no concello barcelonés de Sant Andreu de la Barca.» (Galiciae)
Arquivo da categoría: Premios e concursos (outros)
Lingua de Amor 2008
O Consello da Xuventude de Galicia (CXG), a través do seu Servizo de Normalización Lingüística, puxo en marcha a IIª edición de Lingua de Amor, o concurso de declaracións de amor a través do correo electrónico.
Lingua de Amor ten como obxectivo principal dinamizar o uso da lingua galega entre os máis novos en espazos de comunicación habituais para eles como son os correos electrónicos, chats, foros…
Para participar no concurso só hai que rexistrarse na páxina Lingua de amor e enviar unha declaración de amor en galego (máximo 350 caracteres). A data límite para o envío das declaracións é o 14 de maio de 2008.
Xosé Mª Álvarez Cáccamo recibirá o premio Irmandade do Libro
Helena de Carlos e Luis Rei Núñez vencen nos Premios da Crítica
(Vieiros)
A Consellaría de Cultura crea este ano os Premios Nacionais da Cultura Galega
«Os Premios Nacionais da Cultura constitúense como unha ferramenta para visibilizar diante da sociedade o traballo de quen se teña destacado no enriquecemento da cultura galega pola súas obras, pola súa participación en iniciativas creadoras ou por contribuír ao afortalamento do noso patrimonio material ou inmaterial. A intención da Consellaría de Cultura é que estes premios sexan un novo paso adiante de cara á normalización da cultura galega, co obxectivo de que se convirtan na súa gran festa.» (Consellaría de Cultura e Deportes)
Natalia Colombo gañou o I Premio Internacional Compostela para Álbums Ilustrados
A ilustradora e deseñadora arxentina Natalia Colombo gañou o I Premio Internacional Compostela para Álbums Ilustrados, convocado pola Concellaría de Educación de Santiago e a editorial Kalandraka, coa obra titulada Cerca. O galardón ten unha dotación económica de 12.000 euros e o libro será publicado a finais deste mesmo ano por Kalandraka, nas cinco linguas peninsulares. O xurado valorou un total de 335 traballos procedentes de numerosos países, entre os que se escolleu Cerca pola relación “perfectamente trenzada” entre relato e imaxes, que “narran, flúen e evolucionan”.
O sorriso de Daniela, publicado por Kalandraka, obtén a distinción ‘The White Ravens 2008’
O libro de Kalandraka titulado O sorriso de Daniela, escrito por Carmen Gil, con ilustracións de Rebeca Luciani, vén de ser incluido na lista ‘The White Ravens 2008’ (Os Corvos Brancos). Esta distinción recoñece O sorriso de Daniela como un dos mellores álbumes infantís publicados en toda España durante o pasado ano.
“A Coruña Son”: obradoiro de canción coordinado por Santiago Auserón
Do 24 ao 28 de marzo, en Palexco, a Concellaría de Cultura da Coruña organiza un obradoiro de canción impartido por Santiago Auserón. A inscrición para asistir como ouvinte é gratuíta, e tan só tedes que enviar un correo a cultura@coruna.es cos vosos datos persoais. O programa do evento pode consultarse na web de A Coruña Son.
XVII Premios Irmandade do Libro
Até o 7 de marzo de 2008. Bases.