Gustavo Pernas Cora recibe o “Xº Premio Max das artes escénicas” por Final de película, obra que xa fora distinguida co XIIº Premio Rafael Dieste da Deputación da Coruña.
“Palabras de mulleres”, encontro de poetas en Lugo
Este evento terá lugar os días 9, 10 e 11 de maio de 19:00 a 21:30 horas no Centro Cultural Uxío Novoneyra (Lugo). Constituirá un espazo no que se debaterán, investigarán e intercambiarán coñecementos sobre o traballo desenvolvido ao longo da historia polas poetas galegas. Participarán as seguintes poetas: Marilar Aleixandre, Lupe Bao, Carmen Blanco, Marica Campo, María do Cebreiro, Cristina Corral Soilán, Emma Couceiro, Estíbaliz Espinosa, Ma. Sara Fernández, María Lado, e Helena Villar Janeiro.
Convocado o “Albaroque da lingua 2007”
Xosé A. Neira Cruz coordina un curso de creatividade literaria
Baixo o título “A maxia das palabras II. Viaxes literarias”, o escritor Xosé A. Neira Cruz coordinará un curso de creatividade literaria no Macuf (Museo de Arte Contemporánea de Unión Fenosa). Será os días 8, 15 y 22 de maio de 2007, de 19:30 a 21:00 horas.
Presentación de “Punver”, de Yolanda Castaño
Ver nota anterior.
Presentación de “Dun tempo e dun país”, de Manuel Caamaño
O venres 27 de abril, ás 20:30 h., na Casa de Cultura “Avilés de Taramancos” de Noia preséntase Dun tempo e dun país, do escritor Manuel Caamaño Suárez. O acto contará coa participación do autor, de Xosé Manuel Beiras Torrado e de Pedro García Vidal. Tamén será presentado o número 24 do suplemento cultural A voz de Barbantia.
Uxía Casal no “Literactúa” de Carballo
Uxía Casal, autora de Vidas exemplares, estará este 25 de abril ás 20:30 horas no Pub Silfo de Carballo (Rosalía de Castro, 8). O evento pertence ao proxecto Literactúa, de difusión do libro e da lectura en galego.
Presentación de dous novos libros de Xosé Chao Rego
As obras Iglesia y franquismo. 40 años de nacional-catolicismo (1936-1976) e Iglesia y posfranquismo. 17 años de transición (1976-1992), de Xosé Chao Rego, serán presentadas na Galería Sargadelos de Compostela (Rúa Nova, 16). Intervirán no acto Bernardo García Cendán (profesor de Socioloxía na Universidade de Santiago), X. Amancio Liñares Giraut e Antonio Puentes Chao (directores editoriais de 3C3) e o propio autor.
Lucía Aldao e María Lado na casa-museo Emilia Pardo Bazán
Este luns 23 de abril, día do libro, a casa-museo de Emilia Pardo Bazán ofrece, entre outras actividades, un recital poético a cargo de Lucía Aldao e María Lado. Será ás 17:00 horas.
Enma Couceiro na Galería Sargadelos da Coruña
O próximo martes 24 de abril ás 20:00 horas, na Galería Sargadelos da Coruña (Rúa Real, 56), Enma Couceiro protagonizará unha nova edición do ciclo “Martes Literarios”, que con carácter periódico (quincenal) ofrece esta galería.