Dentro
da Praza dos Libros, Feira Literaria organizada polo Concello de Carballo, que se desenvolve até este domingo 28 de agosto no Xardín Municipal, con horarios de 11:00 a 14:00 h. e de 17:30 a 21:30 horas, terán lugar as seguintes actividades literarias o no seu último día, domingo 28 de agosto:
– 12:30 h. Presentación de A ciencia no punto de Mira, de Jorge Mira, publicado por Auga Editora. No acto participan, acompañando ao autor, Santi Garrido e José María de la Viña.
– 19:30 h. Presentación da nova serie infantil A familia Caravana, de Pepe Carreiro, publicada en Edicións do Cumio. No acto participan, xunto ao autor, Milagros Lantes e Francisco Villegas.
– 20:00 h. Miguel Sande asinará exemplares do seu libro A vida fóra, publicado en Galaxia.
O programa completo pódese descargar aquí: Praza dos Libros Carballo 2011.


venres 22 de outubro, a partir das 20:00 h., no Museo da Domus (rúa Santa Teresa, 1) da Coruña preséntase o libro de Jorge Mira A ciencia no punto de mira, publicado por Auga Editora. O acto contará coa presenza do autor, de Xosé Antonio Fraga, director dos Museos Científicos Coruñeses, e de Marcos Pérez Maldonado, director técnico da Casa das Ciencias.