O martes 6 de agosto continúa a Feira do Libro da Coruña (nos Xardíns de Méndez Núñez, con horario de 11:00 a 14:00 h. e de 18:00 a 22:00 horas), cos seguintes actos literarios destacados para ese día:
Martes 6
– 11:30 h. O fotógrafo coruñés Vari Caramés asinará libros na caseta da Libraría Cascanueces.
– 18:00 h. Presentación do libro infantil Fadita fosca, de Miguel Vázquez Freire con ilustracións de Xosé Tomás, publicado por Baía. Participará no acto, xunto cos autores, Belén López Vázquez, editora.
– 19:00 h. Presentación do libro A neve e o lume da escritora Chelo Suárez publicado por Baía. Xunto coa autora, participan no acto Marica Campo e Belen López Vázquez.
– 20:00 h. Presentación do libro Bícame, Frank, de Miguel Anxo Fernández, publicado por Galaxia. Participan no acto, xunto ao autor, Alba Sotelo, Ángel de la Cruz e Víctor Freixanes.
– 20:00 h. Xulio López Valcárcel asina exemplares das súas obras na caseta da Libraría Couceiro (da Praza do Libro).