O martes 24 de maio, ás 20:30 horas, no Ateneo Santa Cecilia de Marín (Rúa Caracol, 36), preséntase o Caderno e Audiovisual Manuel María, realizado por Manuel Anxo Méndez, editado e producido pola Agrupación Cultural Nós coa colaboración co Concello de Moaña. No acto participa, xunto ao autor, o presidente da A. C. Nós, Xesús Cancelas.
Arquivos da etiqueta: Agrupación Cultural Nós
Moaña: presentación de Domingos de calcetíns brancos, de Manuel Pérez Rúa
O venres 1 de abril, ás 20:00 h., no salón de actos da Casa do Concello de Moaña, preséntase o libro Domingos de calcetíns brancos. Retrato do cambio social na xeración de 1950, de Manuel Pérez Rúa, publicado en Galaxia, que obtivera o Premio Ramón Piñeiro de Ensaio do 2009. O acto está organizado pola propia editora e a Agrupación Cultural Nós. Entrevista posterior en Xornal.