O luns 23 de maio, ás 20:00 horas, no Salón de Actos da Casa das Campás (Rúa de Don Filiberto, 9-11), en Pontevedra, o Ateneo desta cidade organiza a presentación do Caderno e Audiovisual Manuel María, realizado por Manuel Anxo Méndez Fraguas, e editado e producido pola Agrupación Cultural Nós, coa colaboración do Concello de Moaña. No acto interveñen, xunto ao autor, Xaime Toxo e Xesús Cancelas. A obra contén unha presentación sobre a relación de Manuel María coa vila de Moaña na que realizou dous recitais de poesía e na que ten un paseo co seu nome por acordo unánime da Corporación Municipal.