O martes 5 de abril, ás 20:00 h., no Kiosko Alfonso (Xardíns de Méndez Núñez) da Coruña, con entrada libre até completar capacidade, prosegue o ciclo Cinco días con Cunqueiro, organizado pola Concellaría de Cultura en homenaxe ao autor mindoniense, do que este ano se cumpre o centenario do seu nacemento, coa charla musicada: A poesía de Álvaro Cunqueiro, a cargo de César Morán.
Arquivos da etiqueta: Álvaro Cunqueiro
A Coruña: Notas ao documental da AS-PG: ‘Don Álvaro Cunqueiro ou o camiño da memória’, conferencia de Miguel Mato
O luns
4 de abril, a partir das 20:00 h., no Kiosko Alfonso (Xardíns de Méndez Núñez) da Coruña, con entrada libre até completar capacidade, comeza o ciclo Cinco días con Cunqueiro, organizado pola Concellaría de Cultura en homenaxe ao autor mindoniense, do que este ano se cumpre o centenario do seu nacemento, coa conferencia de Miguel Mato: Notas ao documental da AS-PG: ‘Don Álvaro Cunqueiro ou o camiño da memória’.
Santiago: Cunqueiro e a maxia da palabra no ciclo Galicia, ceo das letras
O
sábado 2 de abril, dentro do Ciclo Galicia, ceo das letras. Sábados de autor, que se desenvolven na Cidade da Cultura, terá lugar esta actividade: Cunqueiro e a maxia da palabra, co seguinte programa:
12:00 | Relatorio: Quico Cadaval. Actor, director, adaptador de teatro e contacontos, é un dos nosos cómicos máis corrosivos e penetrantes, así como un profundo coñecedor do universo máxico de Álvaro Cunqueiro.
13:00 | Cunqueiradas (45 minutos), por Cándido Pazó. Desde a súa longa e recoñecida experiencia, o narrador oral Cándido Pazó reúne neste espectáculo cómico algunhas das súas historias e lerias inspiradas nos contos do xenial mindoniense.
César Cunqueiro: “Meu pai nunca pensou que o franquismo tivese dignidade literaria”
(Xornal)