Desde Sermos Galiza e Praza:
“A editorial Axouxere vén de publicar Presenza dunha Ausencia (Sobre Maurice Blanchot) un ensaio inédito que o escritor Anxo Rei Ballesteros gardaba no seu estudo e que sae á luz cando se cumpren cinco anos do seu pasamento.
A partir dun texto manografado atopado entre os pais que o escritor deixara amoreados no seu estudo nace este novo libro do escritor Anxo Rei Ballesteros, unha descuberta que se fai pública cinco anos despois da súa morte na Coruña en outubro de 2008.
Rei Ballesteros adéntrase en Presenza dunha Ausencia na obra L´espace littéraire na que o filósofo francés Maurice Blanchot reflicte arredor do proceso creativo e o feito literario, da literatura como expresión do ser.
Os editores anotan que o texto chegou até eles manografado, sen concluír mais, ao seu ver, “conserva, porén, unha estraña aura, un fulgor que brilla desde o seu adentro”. Despois dun profundo traballo de edición, sacan á lus unha obra que, segundo valoran, mesmo pode marcar “un pequeno (humilde e imperceptíbel) fito no despregue da ensaística en galego”. (…)”
Arquivos da etiqueta: Anxo A. Rei Ballesteros
Xabier Cordal, Antón Lopo, Anxo Rei Ballesteros e Manuel Rivas serán traducidos na revista norteamericana Absinthe
“Catro autores galegos publicarán textos da súa autoría no próximo número da revista norteamericana Absinthe, que o anuncia na súa web. A obra de Xabier Cordal, Antón Lopo, Anxo Rei Ballesteros e Manuel Rivas terá presenza nos Estados Unidos a través da vontade da revista de facer unha incursión na literatura galega.” Desde Xerais.
A Pobra do Caramiñal: homenaxe a Anxo Rei Ballesteros
O luns 5 de decembro, ás 20:30 horas, na praza dos Catro Canos da Pobra do Caramiñal, terá lugar unha homenaxe a Anxo Rei Ballesteros, con lecturas das súas obras e cancións seguindo este programa:
– Presentación do acto a cargo de Alberto Piñeiro.
· Intervención de Manuel Teira.
· Verbas de María Xesús Armada (viúva de Anxo Rei Ballesteros).
· Lectura colectiva de textos de Anxo.
· Actuación das pandereteiras O Son das Ferreñas.
· Lectura colectiva de textos de Anxo.
· Lay Lady Lay, versión galega de Anxo Rei Ballesteros, interpretada por Xosé Anxo Tato.
· Lectura dun fragmento de Xogos de Damas e interpretación da canción Sei dunha illa na mar por Cristina G. Román.
· Lectura colectiva de textos de Anxo.
· Knockin’ on Heaven’s Door, versión galega de Anxo Rei Ballesteros, interpretada por Xosé Anxo Tato.
· Amparo Cerecedo cantará Adios ríos, adios fontes.
· Pequena sorpresa musical …
· Actuación das pandereteiras O Son das Ferreñas.
Homenaxe a Anxo A. Rei Ballesteros
Descargar folleto informativo (formato de imaxe .jpg)