As escollas electivas naceron o 4 de xaneiro de 2012 coincidindo co centenario do nacemento de Celso Emilio Ferreiro, baixo a dirección de Suso Díaz e Maripaz Paz.
Actualmente son 80 as e os poetas que forman parte deste caderno da poesía galega contemporánea, e están chamos a formar parte 208, número que seguirá medrando se As escollas electivas seguen a recibir achegas das e dos poetas que están chamados a formar parte delas, tamén dos que xa forman parte e queiran engadir novos nomes este listado sempre aberto.
Aquí están as indicacións oportunas para participar desta iniciativa, tamén o enderezo onde achegar o material: asescollaselectivas@gmail.com”
Arquivos da etiqueta: As escollas electivas
As escollas electivas, novo blog sobre poetas contemporáneos en lingua galega
“Benvidos ao caderno As escollas electivas, espazo onde se ligan os poetas contemporáneos en lingua galega.
Criterios para participar deste espazo.
– Os poetas para seren incluídos terán:
– Que ser proposto/a por outro/a poeta.
– Escribir poesía en lingua galega, independientemente do lugar de residencia ou da nacionalidade.
– Nomear alomenos a outro/a poeta, ata un máximo de vinte.
Cada poeta achegará:
– Bio-bibliografía.
– 1 fotografía.
– Nomeado/a por…
– Mencionar a (máximo 10 nomes de poetas vivos en lingua galega).
– Poética (espazo libre no que expresar a túa reflexión en canto á poesía).
– Enderezos electrónicos do autor (caderno, web, facebook, twitter, tuenti…)
– Selección de poemas. Máximo 1.000 palabras. Pode estar publicado ou ser inédito.
Enviarase ao enderezo: asescollaselectivas@gmail.com
O material achegarase en formato .odt, .doc ou .docx.
A imaxe en formato .jpg.
Dito material será achegado polo interesado persoalmente. Non se admiten envíos de terceiras persoas.”