Arquivos da etiqueta: Asociación Cultural Telón e Aparte
Seis propostas dramatúrxicas, gañadoras do Certame de Microteatro M²
A Asociación Cultural Telón e Aparte e o Concello de Carballo, organizadores do Festival Internacional Outono de Teatro (FIOT), presentaron este venres o resultado do Certame de Microteatro Metro Cadrado (M²).
O xurado encargado da avaliación de todos os proxectos recibidos, preto de cincuenta, decidiu por unanimidade seleccionar, para a súa representación en espazos non teatrais de Carballo, as seguintes propostas damatúrxicas:
– Mulleres ao borde dun ataque de pelos, presentada por Enconarte Producciones.
– Amor de pé, presentada por Tukumpas Teatro.
– Non hai que ser unha casa para ter pantasmas, presentada por Cía Prácido Domingo.
– Brinde, presentada por Iria Sobrado.
– Váter, presentada por Sal do Teatro.
– In memoriam, presentada por Roberto Alvite e Rebeca Amor.
Como estipulan as bases, o xurado seleccionou pezas suplentes por se algunha das gañadoras non pudiese realizar a representación nas datas previstas pola organización, de existir vacantes convidaranse tendo en conta a peza máis axeitada para os espazos dispoñibles. As propostas dramatúrxicas suplentes seleccionadas son as seguintes:
– Areas do deserto, presentada por Entretés.
– O silencio das tartarugas, presentada por Mª Alejandra Gómez Dobronich.
– Angustia fabricada, presentada por Serpunto Teatro.
– Non me deron o pé e tomeime a man, presentada por Erica González Miguel.
O premio consistirá na selección dunha proposta dramatúrxica para a súa representación no marco do FIOT e de 300 euros unha vez representadas as pezas. Ademais dunha axuda económica de 100 euros para gastos de produción e desprazamento.
Ademais todas as obras exhibidas serán valoradas polo público asistente mediante un sistema de votacións e optarán aos seguintes premios:
150 € / Premio do público.
100 € / Premio a mellor interpretación feminina.
100 € / Premio a mellor interpretación masculina.
Carballo: Festival Internacional Outono de Teatro
Do xoves 4 ao mércores 31 de outubro celébrase en Carballo unha nova edición do Festival Internacional Outono de Teatro, organizado Asociación Cultural Telón e Aparte coa colaboración do Concello de Carballo. Aquí pódese descargar o programa completo.