Arquivos da etiqueta: Asociación Vaipolorío
Pontevedra: presentación de Auga mol en pedra dura, de Calros Solla
Pontevedra: presentación de Os espellos do pasado, de Calros Solla
Pontevedra: presentación de O río da memoria. Cartafol do río dos Gafos (1745-1970), de Calros Solla
O xoves 20 de novembro, ás 19:30 horas, na Galería Sargadelos de Pontevedra (Rúa da Oliva, 22), preséntase o libro O río da memoria. Cartafol do río dos Gafos (1745-1970), de Calros Solla, patrocinado pola Asociación Vaipolorío e editado por Morgante.
Certame Literario sobre o Río dos Gafos
BASES PARA PARTICIPAR NO ÁLBUM LITERARIO POEMA – RÍO SOBRE O RÍO DOS GAFOS
1. Poderá participar neste álbum calquera persoa que presente un texto en lingua galega que faga referencia ao río dos Gafos. Cada persoa poderá remitir tantos textos como desexe para a súa posterior inclusión no álbum literario Poema-río.
2. O tema será o río dos Gafos e a súa contorna. Os traballos serán de extensión libre, pero sempre inferior ás 15 páxinas. Poderán presentarse textos inéditos, orixinais de creación propia ou transcricións de textos recollidos da literatura oral tradicional. O carácter do texto poderá ser xornalístico, ensaístico ou literario, en calquera xénero agás novela.
3. O texto presentaranse, necesariamente e como mínimo, en formato electrónico, nun arquivo xunto en formato modificable ou en CD, con letra Arial de 12 puntos, 1,5 cm de espazo entre liñas e con marxes de 2,5 cm. Ademais, tamén se poderá remitir impreso en papel, coas mesmas características de edición. Non se aceptarán textos manuscritos. Os textos terán que axustarse ás Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego, publicadas pola Real Academia Galega e polo Instituto da Lingua Galega no ano 2004.
4. Todos os textos estarán asinados polo/a autor/a, con nome e apelidos, teléfono e enderezo electrónico de contacto. Se o texto é recollido da tradición oral, deberase indicar ao final do texto Texto tradicional e, opcionalmente, o lugar onde se recolleu ou o nome da persoa de quen se oíu.
5. As persoas participantes enviaran os seus traballos antes do 31 de xaneiro do 2012. Remitiranse por correo electrónico a vaipolorio@terra.com ou ao enderezo postal: Asociación Vaipolorío. Preescolar de Cabanas. CP 36140- Salcedo – Pontevedra.
6. Durante o mes de febreiro reunirase un comité para seleccionar os traballos que se publicarán. Este comité estará formado por un/unha representante da Concellaría de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra, un/unha literato/a pontevedrés/a de recoñecido prestixio e un membro da asociación Vaipolorío.
7. Todos os traballos seleccionados serán recollidos nun libro que publicará o Concello de Pontevedra a través da Concellaría de Normalización Lingüística. A publicación non estará destinada á venda, polo que ninguén obterá beneficios económicos. Cada texto levará indicado o nome e apelidos da persoa autora. O libro presentarase no mes de maio do ano 2012, dentro do programa Maio, Mes da Lingua que promove o Concello de Pontevedra.
8. A extensión máxima do libro publicado en papel será de 60 páxinas, polo que o comité seleccionador poderá decidir a publicación total ou parcial de calquera traballo que se presente. Todos os traballos presentados, fosen ou non seleccionados para a publicación en papel, poderán ser publicados na páxina web da asociación Vaipolorío, segundo o criterio desta asociación. En calquera caso indicarase o nome completo da persoa autora.
9. A participación nesta convocatoria non dá dereito a ningún tipo de compensación, agás o recoñecemento público das persoas seleccionadas. As entidades convocantes agasallarán cun exemplar do libro impreso a cada autor/a seleccionado/a para a publicación en papel.
10. Os/As participantes aceptan estas bases e as decisións do comité seleccionador.
Pontevedra, outubro de 2011
Máis información no teléfono 676842942.