Convocatoria do II Certame de Poesía da Biblioteca González Garcés

BASES

“Con motivo da celebración do Día Internacional da Poesía (21 de marzo), a Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés (Rúa Miguel González Garcés, s/n.), convoca o II Certame de Poesía no cal poderán participar todas as persoas maiores de 16 anos.
Condicións de presentación das obras
O certame consta de dúas seccións:
· Poesía en galego.
· Poesía en castelán.
Cada participante só poderá presentar unha única composición poética optando por unha das dúas seccións: en galego ou en castelán. Quedará descualificado quen presente composicións poéticas en ambas as dúas seccións.
A extensión máxima admitida da composición poética será dun (1) folio escrito a ordenador por unha cara con fonte Arial de tamaño 11 e interliñado de 1’5. Poderá empregarse calquera forma poética (haiku, soneto, verso libre…).
As participacións deberán entregarse no Mostrador préstamo e devolucións da entrada (planta baixa da Biblioteca).
Os poemas presentaranse sen asinar, cun pseudónimo, e introduciranse nun sobre pechado. No exterior do mesmo o participante deberá escribir os seguintes datos:
· II Certame de Poesía na Biblioteca Pública da Coruña.
· Sección elixida (galego / castelán).
· Pseudónimo do autor/a.
No interior do envoltorio incluirase esta información:
· Folla da composición poética.
· Un sobre pechado con unha folla na que aparezan estes datos persoais do autor/a: pseudónimo, nome e apelidos, teléfono/s, correo electrónico, DNI
O prazo de presentación comezará o 2 de febreiro e rematará o 21 de marzo.
Haberá dous premios aos mellores poemas en lingua galega e outros dos para os escritos en castelán. Fallarase o premio e entregaranse aos agraciados lotes de libros e/ou outros documentos o xoves, día 23 de abril (Día do Libro) nun acto que se anunciará previamente.

GAÑADORES DO I CERTAME:
Na categoría GALEGO resultaron finalistas as composicións poéticas: Delirio nunha cunca coruñesa presentada baixo o pseudónimo Bertorello McFly, 5 tankas á Lúa baixo o pseudónimo Marcel Bonheur, Bágoas de sangue baixo o seudónimo Pedriño Casaio e Vento ao mar baixo o seudónimo Viraventos. Os premiados foron:
1º premio: 5 tankas á Lúa de Marcel Bonheur, pseudónimo de Gumersindo Álvarez Reza.
2º premio: Vento ao mar de Viraventos, pseudónimo de José Ricardo Saavedra Castro.”