Vigo: Círculo Poético Aberto, o sábado 12 de marzo

“XaCírculo Poético Aberto 2016 está de volta o Círculo Poético Aberto co marzal, o teu espazo en galego e para o galego. Estamos no Café Uf “Negra Sombra Blues” o segundo sábado do mes de marzo, día 12, ás 22:00 horas, na rúa do Pracer nº 19 en Vigo. Queres participar?, pois podes facelo con poesía, música, performance, monólogo, o que queiras… Só pedimos que sexa en galego e/ou portugués.” Organizado por Penúltimo Acto.

Vigo: edición do Círculo Poético Aberto de outubro de 2015

O Círculo Poético Abertosábado 10 de outubro, ás 22:00 horas, no Café Uf Negra Sombra (Rúa Pracer, 19) de Vigo, terá lugar un novo recital do Círculo Poético Aberto. Trátase dun espazo en galego e/ou portugués; aberto á poesía, música, performance… Organizado por Penúltimo Acto, con entrada libre.

Vigo: presentacións de Muller de papel, de Rochi Nóvoa, (No) Meio (do) Oriente, de Artur Alonso, e nova edición do Círculo Poético Aberto

OCÍRCULO POÉTICO ABERTO sábado 11 de abril, ás 22:00 horas, no Café Uf Negra Sombra Blues de Vigo (Rúa do Pracer, 19), terá lugar a presentación dos libros Muller de papel, de Rochi Nóvoa, publicado por Abooks e (No) Meio (do) Oriente, de Artur Alonso Novelhe, publicado por Círculo Edições. Despois das presentacións, haberá espazo para a poesía e a música nunha nova edición do Círculo Poético Aberto, organizado por Penúltimo Acto.

Vigo: presentación do libro Silêncio da Gaveta, do número 5 da revista Elipse e recital poético

Ocapa elipse5 sábado 14 de marzo, ás 22:00 horas, no Café UF de Vigo (Rúa do Pracer, 19), terá lugar o Círculo Poético Aberto do mes de marzo. Terá lugar a presentación do libro colectivo Silêncio da Gaveta e do número 5 da revista Elipse. Despois haberá o habitual recital poético, aberto á participación do público.

Vigo: edición do Círculo Poético Aberto e presentación de libro de Nolim González

OCÍRCULO POÉTICO ABERTO sábado 11 de outubro, ás 22:00 horas, no Café Uf (Rúa do Pracer, 19) de Vigo, terá lugar un novo Círculo Poético Aberto de Penúltimo Acto, onde pode participar o público interesado con poesía, música ou performance. No acto tamén se presentará o libro Almanaque. Um Fim do Mundo Qualquer, de Nolim González.