O domingo 26 de abril finaliza a Feira do Libro de Ferrol (na Praza da Constitución), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, con horarios de 11:00 a 14:30 h. e de 17:30 a 21:30 h., cos seguintes actos literarios destacados dentro do seu programa: Programa da Feira do Libro de Ferrol 2015:
Sábado 25:
– 19:00 h. Concha Blanco presenta O balcón do meu universo, publicado por Embora.
– 20:00 h. Concha Blanco asinará exemplares do seu libro A pantufla de Celia, na caseta da Libraría Pedreira.
Domingo 26:
– 12:00 h. Antón Cortizas na Feira do Libro. Lectura pública de libros do autor, que asinará exemplares da súa obra ao remate do acto. Os libros para a lectura, serán: Contos de vento e de nunca acabar (Galaxia), Vaia tropa! (Xerais), Historias e algún percance, todas ditas en romance (Galaxia), Era unha vez na quimbamba (Tambre), Sopra neste furadiño… (Embora), Vestida co arco da vella (Embora) e o libro inédito Cando as follas caen (mención de honra no último premio Arume da Fundación Neira Vilas).
– 12:30 h. O escritor Henrique Dacosta asinará exemplares dos seus libros na caseta de Espacio Lector Nobel.