O sábado 8 e domingo 9 de agosto continúa a Feira do Libro da Coruña (nos Xardíns de Méndez Núñez), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, con horarios de 11:00 a 14:30 h. e de 18:00 a 22:00 h., cos seguintes actos literarios destacados dentro do seu programa:
Sábado 8
– 18:00 h. Presentación de De paseo por Crunia, de Cristina Corral Soilán, publicada por Edicións Embora. Participa, xunto á autora, Cándido Meixide.
– 19:00 h. Presentación de Os medos, de Xabier Vila-Coia, publicado por Lapinga Edicións.
– 20:00 h. Concerto-presentación de Lucecús, de Pirilampo, publicado por Galaxia.
– 20:30 h. Xavier Alcalá presentará a nova edición de Fábula, publicada en Galaxia, acompañado de Tati Mancebo, Xoán Antón Pérez Lema, Xulio López Valcárcel e Víctor F. Freixanes.
– 20:30 h. Luís G. Soto asinará exemplares da súa obra na caseta de Editores Coruñeses.
Domingo 9
– 13:00 h. Encontro fantástico na Terceira Era. Presentación de Contos Estraños v. 7. Encontros na Terceira Era e de Plug & Play. Antoloxía galega de ciencia ficción erótica, editados baixo o selo Contos Estraños, de Urco Editora.