Sarria celebra o Día da Poesía cun encontro escolar e un concerto de Francisco Castro

Desde SarriaXa:
“Este mércores, 18 de marzo, ás 11.00 horas, a Praza da Vila de Sarria acollerá a celebración do Día da Poesía, unha iniciativa educativa e cultural organizada polo IES Gregorio Fernández que reunirá alumnado de diferentes centros escolares da comarca.
A actividade estará dedicada á figura do poeta Eduardo Rey Moure e xirará arredor dunha temática común: “O monte”, que servirá de inspiración para as composicións e actividades preparadas polos estudantes.
A xornada contará tamén cun concerto do escritor e músico Francisco Castro, organizado en conmemoración do 50 aniversario do IES Gregorio Fernández. A actuación converterase nun dos momentos centrais do encontro, no que literatura e música se unirán para celebrar a poesía e a lingua galega.
No evento participarán numerosos centros educativos, entre eles a EEI Xela Arias; o CEIP Eduardo Cela Vila de Triacastela; o CEIP Frei Luis de Granada; o CEIP Plurilingüe Antonio Fernández López de Oural; o CEIP Plurilingüe de Páramo; o CEIP Plurilingüe San Miguel de Paradela; o CEIP Ricardo Gasset de O Incio; o CEIP de Samos; o CPI Ramón Piñeiro de Pobra de San Xiao; o CPR La Merced; o CPR Nosa Señora da Asunción; e o IES Xograr Afonso Gómez.
A iniciativa conta coa colaboración do Concello de Sarria, a Escola Municipal de Música de Sarria e os equipos de dinamización da lingua galega, entre outras entidades. O encontro pretende fomentar a creación poética entre a mocidade e poñer en valor a literatura galega nun espazo público e compartido.”

Actividades destacadas nos centros de ensino no Día de Rosalía 2016 (V)

ChegandoMobiliza Rosalía ao final do curso, divulgamos parte das actividades que tiveron lugar en diversos centros de ensino galegos no Día de Rosalía 2016, unha acción promovida pola AELG que cada ano ten unha relevancia crecente na comunidade educativa galega: