Arquivos da etiqueta: Eduardo Vieira S. A.
Bases do 2º Certame Literario de relato breve Exeria
“1. O premio Exeria está convocado polo “Ateneo Atlántico” de Vigo e a “Fundación Xoán Piñeiro” co patrocinio do grupo “S. A. Eduardo Vieira” e “Bodegas Terras Gauda”.
2. Poderán participar todas aquelas persoas que o desexen con un relato orixinal, inédito e non premiado.
3. O relato terá unha extensión máxima de 5.000 caracteres incluídos os espazos e o título.
Estará encabezado polo título, sen asinar e mecanografado cunha letra de 12 p. e a dobre espazo.
4. Os relatos axustaranse ao tema xenérico: Vigo, futuro imperfecto.
5. Estableceranse dous premios que estarán suxeitos ás correspondentes retencións fiscais:
1º premio: 1000 euros e unha figura da escultora Cuqui Piñeiro.
Accésit de 500 euros.
6. Os relatos enviaranse ao enderezo de correo electrónico:
exeria@ateneoatlantico.gal
No asunto do correo figurará o lema Certame Exeria 2022.
Ao correo xuntaranse dous documentos: un, co relato e o título, non levará ningún tipo de identificación. No segundo figurará o título do relato, o nome completo e o número de teléfono móbil do autor ou autora.
As persoas participantes recibirán acuse de recibo do seu envío.
7. O prazo de presentación de orixinais comezará o 1 de marzo e rematará o 10 de maio de 2022.
8. O xurado estará presidido por unha persoa de recoñecido prestixio no eido cultural e integrado polas dúas gañadoras do Premio Exeria do ano 2021, unha persoa designada polo Ateneo Atlántico e outra pola Fundación Xoán Piñeiro. O xurado completarase coa secretaria do certame, que contará con voz e non terá voto.
9. O ditame do xurado darase a coñecer nun acto público, convocado a tal fin, unha semana antes da entrega de premios que terá lugar ao longo do mes de xuño.
A resolución do xurado será inapelable.
10. A participación nesta convocatoria implica a aceptación das normas contidas nas presentes bases.
Vigo, 1 de marzo de 2022″