Arquivos da etiqueta: Facultade de Linguas Modernas e Medievais da Universidade de Oxford
A AELG no XVI Forum de Estudos Ibéricos da Universidade de Oxford
A AELG colabora co Centro de Estudos Galegos, a Secretaría Xeral de Política Lingüística e coa Facultade de Linguas Modernas e Medievais da Universidade de Oxford, que organizan este fórum os 20 e 21 de marzo, no que a profesora Mercedes Queixas Zas presentará o relatorio Tradución: a outra voz imprescindíbel para amplificar a visibilidade literaria.
O programa definitivo é este.
“Á diversidade lingüística e cultural historicamente existente na Península Ibérica, engadíuselle, ao longo das últimas décadas, a diversidade de linguas, culturas e representacións da realidade que trouxeron consigo as persoas chegadas aos territorios ibéricos procedentes de todo o mundo. Esa diversificación deu lugar a un calidoscopio de linguas e culturas que transformou a realidade social dos territorios ibéricos, con consecuencias en ámbitos tan diversos como o familiar, o educativo, o empresarial e mais o institucional, alén doutros.
Á súa vez, as linguas e culturas ibéricas pasaron a formar parte do mundo global e interconectado, contribuíndo deste xeito ao enriquecemento da diversidade cultural e lingüística mundial na era das transnacionalidades.
A Península Ibérica é cada vez máis diversa, máis multilingüe, máis multicultural e tamén máis complexa. Este feito ten notábeis consecuencias no eido das linguas, a literatura, as artes e todo tipo de manifestacións culturais e, ao mesmo tempo, levou a unha mudanza de paradigma no estudo das sociedades e as súas manifestacións culturais.
Os efectos colaterais do actual contexto de recesión económica nos territorios que constitúen a Península Ibérica representan un reto en todo o que se refire á xestión da diversidade. Nesta dimensión, a reflexión crítica sobre estas sociedades imponse con nova urxencia.
No XVI Forum de Estudos Ibéricos hanse abordar estes eixes de plena vixencia desde distintas perspectivas, mais sempre co denominador común do estudo da diversidade:
– Multilingüismo e diversidade lingüística.
– Linguas en contacto e variación lingüística.
– Ideoloxías e actitudes lingüísticas.
– Política e planificación lingüística.
– Ensino e aprendizaxe de linguas.
– Tradución, interpretación e mediación.
– Sociopragmática comparativa.
– Culturas en transformación.
– Pertenzas transculturais, pertenzas múltiples e complexas, construción de identidades.
– Literatura e multiculturalismo.
– Escrita e migracións.”
Universidade de Oxford: aberto o prazo para a proposta de comunicacións para o XVI Foro de Estudos Ibéricos, sobre Diversidade lingüística e cultural na Península Ibérica, os 20 e 21 de marzo de 2014
A Facultade de Linguas Modernas e Medievais da Universidade de Oxford (Reino Unido), convoca o envío de comunicacións para o XVI Foro de Estudos Ibéricos, que tratará, os 20 e 21 de marzo de 2014, sobre Diversidade lingüística e cultural na Península Ibérica. Pódese descargar máis información neste arquivo: FIS_2014.
“Á diversidade lingüística e cultural historicamente existente na Península Ibérica, engadíuselle, ao longo das últimas décadas, a diversidade de linguas, culturas e representacións da realidade que trouxeron consigo as persoas chegadas aos territorios ibéricos procedentes de todo o mundo. Esa diversificación deu lugar a un calidoscopio de linguas e culturas que transformou a realidade social dos territorios ibéricos, con consecuencias en ámbitos tan diversos como o familiar, o educativo, o empresarial e mais o institucional, alén doutros. Á súa vez, as linguas e culturas ibéricas pasaron a formar parte do mundo global e interconectado, contribuíndo deste xeito ao enriquecemento da diversidade cultural e lingüística mundial na era das transnacionalidades. A Península Ibérica é cada vez máis diversa, máis multilingüe, máis multicultural e tamén máis complexa. Este feito ten notábeis consecuencias no eido das linguas, a literatura, as artes e todo tipo de manifestacións culturais e, ao mesmo tempo, levou a unha mudanza de paradigma no estudo das sociedades e as súas manifestacións culturais. Os efectos colaterais do actual contexto de recesión económica nos territorios que constitúen a Península Ibérica representan un reto en todo o que se refire á xestión da diversidade. Nesta dimensión, a reflexión crítica sobre estas sociedades imponse con nova urxencia. No XVI Foro de Estudos Ibéricos hanse abordar estes eixes de plena vixencia desde distintas perspectivas, mais sempre co denominador común do estudo da diversidade:
– Multilingüísmo e diversidade lingüística.
– Linguas en contacto e variación lingüística.
– Ideoloxías e actitudes lingüísticas.
– Política e planificación lingüística.
– Ensino e aprendizaxe de linguas.
– Tradución, interpretación e mediación.
– Sociopragmática comparativa.
– Culturas en transformación.
– Pertenzas transculturais, pertenzas múltiples e complexas, construción de identidades.
– Literatura e multiculturalismo.
– Escrita e migracións.
As propostas deben ter entre 200 e 500 palabras, deben estar escritas en inglés (preferentemente) ou en calquera lingua peninsular e cómpre envialas antes do 31 de xaneiro de 2014 a fis@mod-langs.ox.ac.uk. É preciso que inclúan o nome e apelidos do autor ou autora, a afiliación académica e o titulo da ponencia. Se tiveren algunha consulta, por favor, diríxanse ao enderezo indicado arriba.”