A Cidade da Cultura organiza do 7 ao 9 de novembro de 2012 o II Foro Internacional de Espazos para a Cultura. O encontro, que nesta segunda edición leva como subtítulo A araña na rede, dispón de 155 prazas destinadas a profesionais de todos os ámbitos culturais, que poden inscribirse como data tope ata o próximo mércores 31 de outubro. Nesta ligazón o público interesado encontrará o boletín de inscrición e toda a información necesaria para participar.