O domingo 31 de maio, estará no porto de Bueu o Marianne, barco da III Frota da Liberdade, que tratará de chegar á costa de Gaza para romper o bloqueo ao que é sometida o poboación gazatí polo estado de Israel.
Pallasos en Rebeldía, Rumbo a Gaza e BDS-Galiza, organizarán en Bueu o domingo día 31 diversos actos para homenaxear @s navegant@s, incluíndo unha festa popular ás oito do serán.
Confíamos contar co voso apoio e a vosa presenza nestes actos, dos que vos iremos informando conforme se vaian concretando.