O venres 27 de maio vaise celebrar, no cumio do Pico Sacro, unha nova edición do Encontro Dragal, coa presenza de Elena Gallego. Este evento pon o broche de ouro ao Proxecto Dragal 2015-2016, no que participan 260 alumnos e 20 profesores de diversos centros das catro provincias galegas (O CPI Plurilingüe de Vedra, o IES de Cotobade, o CPI Cernadas de Castro (Lousame), o IES nº 1 de O Carballiño, o IES Salvaterra de Miño e o IES de Becerreá). O Encontro Dragal é un xigantesco xogo de rol en vivo que se desenvolve no entorno do Pico Sacro, converténdose nunha xornada de convivencia entre os rapaces e profesores participantes no proxecto educativo durante o último curso, e tamén a autora de Dragal (serie de novelas que inspiran esta iniciativa). O alumnado das fraternidades de donas e cabaleiros de Dragal participará nunha xincana de orientación polo monte, no entorno do Pico Sacro, na procura dun prezado tesouro que só poden acadar de forma colaborativa na fin do proceso. Despois do xogo haberá un xantar ao que ten previsto asistir a autora. Tamén se van entregar diplomas aos participantes e, se a climatoloxía o permite, farase unha visita organizada ás covas do Pico Sacro (nas que repousa o dragón mitolóxico).
Arquivos da etiqueta: IES de Cotobade
Vídeos do Día de Rosalía 2013 no ensino (XXIV)
35. Eu cantar, cantar, cantei (IES Faro das Lúas, Vilanova de Arousa)
36. Sábado á noite (IES de Cotobade)
37. -Compadre, desque un vai vello (CEIP A Gándara, Narón)
Centros escolares colaboradores no Día de Rosalía de Castro 2013 (XV)
Dentro das actividades do Día de Rosalía de Castro 2013, organizadas pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, o venres 22 de febreiro terá lugar en múltiples centros de ensino a inclusión, nese día de actividades escolares, de lecturas e gravacións audiovisuais por parte do alumnado de poemas de Cantares gallegos, que serán divulgadas posteriormente no noso espazo web para darlles visibilidade social.
Finalizamos coa publicación diaria dos centros que participan nesta actividade, aos que agradecemos enormemente o interese e dispoñibilidade das súas comunidades escolares:
– Sábado á noite: IES de Cotobade.
– -Compadre, desque un vai vello: CEIP A Gándara, Narón.